LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 1 ATLÉTICO FÁTIMA 2

69

Seguindo a tónica dos equipos azuis no día de onte, tampouco os xuvenís foron quenes de sumar nada positivo no seu encontro, e perderon ante o cadro santiagués por 1-2.
Tralo empate a 0-0 co que se chegou á primeira metade, mediada a segunda marcaron os verdibrancos e a pouco do final tamén, un golazo pola escadra, situando o 0-2 que semellaba resultar definitivo.
Nas postrimerías Marcos Novo marcou o tanto da esperanza e o propio xogador tivo o empate minutos despois pero o seu tiro marchou por alto.
xuvenil_001.jpg


Desmarcase o Vilalbés con 28 puntos, seguido de Compostela (23), Caranza (22), Lugo B e Fátima (21), os ponteses son decimoprimeiros con 14 puntos e a semana que vén visitan a un rival directo e ademáis cercano, o Viveiro, que vai un posto e dous puntos por debaixo.
Xogaron Julián, Gogas, Rubén, Totti, Marcos Otero, Isma Prieto “Palas”, Marcos Novo, Fabio, Javi, Borja e Criado. No segundo tempo entraron Villar, Santalla, Beto e Roca.
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios