SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES – 6 SD ORZÁN C – 0

45

Triunfo inapelable do equipo de Salido ante o cadro coruñés no partido xogado hoxe á mañá no Campo Anexo Jose.
Rápidamente se adiantaban as azuis ó minuto de comezar, por medio de Noelia, a gran central de San Sadurniño que agora xoga de dianteira ante as necesidades atacantes do equipo, sexto gol na tempada e noveno desde que xoga como azul.
Sentoulle mal o tanto ó cadro local pois baixaron un punto o seu ritmo, e no minuto 30´ Uru estivo a piques de empatar pero un paradón de Leti evitouno e ahí foi un punto de inflexión pois apenas dous minutos máis tarde tras pelexar Clara un balón, e tras unha indecisión entre a porteira e defensa visitantes, marca a porta baleira. No 41´ tras un gran saque de falta lateral de Noe, marca Silvia de cabeza, gol merecido para a gran taekwondista, notable alto en todos os encontros. O 4-0 co que se chegaba ó descanso e sentenciaba o partido foi despois dun lanzamento ó longueiro de Jani no que se aproveita do rexeite a irmá de Alex Cabarcos, Mireia, para marcar o cuarto tanto.
Nada máis iniciarse o segundo tempo as locais tiveron grandes ocasións pero unhas veces a falta de acerto e noutras as defensas baixo paus solventaron a papeleta, unha de Silvia, tres da gran capitana Jani que mereceu o gol, e tamén destacar un tiro cruzado de Carlota, que como non podía faltar á súa cita co gol, marcou no minuto 53´ un fermoso tanto de vaselina, xa leva sete este ano, e colocase pichichi desta tempada e tamén supera 23-22 a gran Lau no cómputo das catro tempadas.
Tras un regate e un intento de sombreiro da talentosa extremo esquerdo unha rival controla coa man dentro da área e o colexiado sinala penalti, que curiosamente ninguén quería lanzar, tomou a decisión Laura Permuy, que, coa porteira xa vencida bateu o seu tiro no poste (55´). Resarciuse no minuto 78´ aproveitando un balón que se lle escapa á gardamallas visitante para situar o 6-0 definitivo.
feminino_001.jpg


Vinte tres puntos que suma no zurrón o As Pontes en trece partidos, con 7 victorias, 2 empates, 5 derrotas, 32 goles a favor e 16 en contra. A semana que vén visitará ó recén descendido Atlético Melide.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Yaiza (Nato 45´), Silvia, Jani, Mireia (Carmela 57´), Lara (Laura Permuy 45´), Lía, Andrea Pita, Clara (Alba Romero 63´), Carlota (Carla 63´) e Noelia.
SD Orzán. Andrea, Mari (Paula 74´), Ana, Soraya, Uru, Oli (Iria 74´), Caro (Sonia 63´), Julia (Paulita 63´), Cris, Rocío, María.
Árbitro: Jorge Martínez Varela (Ferrol).
Goles: 1-0, Noelia (1´), 2-0, Clara (32´), 3-0, Silvia (41´), 4-0, Mireia (45´). 5-0, Carlota (53´), 6-0, Laura Permuy (78´).
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Menos dun centenar de espectadores en mañá fría. Partido correspondente á 14ª xornada.
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios