SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 SCD A CAPELA 1

75

Reparto de puntos no encontro disputado hoxe nunha tarde agradable pero fría e con gran afluencia de público no Campo Anexo Jose entre o As Pontes e A Capela e que poñía fin á gran maratón de partidos en casa vivido esta fin de semana sen descanso.
aspontes-capela_0001.jpg


Tras igualar a 0-0 na primeira metade, ó pouco de comezar a segunda adiantouse o As Pontes, tras un saque de córner de Adrián Criado que mandou ó fondo das mallas o central Fran.
Pero ó As Pontes costalle ás veces rematar os partidos en casa, e como xa acontecera co Valdoviño ou co Somozas, os visitantes foron a polo empate, e a pouco do final marcaron merecidamente nun tiro de falta anotado polo seu atacante Rañales.
De ahí ó final ós da Capela seguían achuchando e agradeceuse o pitido final que permitiu conservar un punto.
Os azuis situanse na non perigosa pero incómoda undécima praza con 15 puntos e a semana que vén visitarán a un vello coñecido de ascenso, o AD Miño, que marcha noveno con 19 puntos.
Xogaron os de Calpita con Juan, Antón (Púas 45´), Alex Antón, Carlos, Fran, Xabi Pellón (Juan Donapetry 84´), Moya (Guille 74´), Danilo (Adrián Criado 45´), Junior, Fernando e Borja.
Polos da Capela, adestrados por Javi Saa e con varios ponteses nas súas ringleiras, xogaron, Picallo, Poli, Tino, Marcos R, Rubén, Marfcos M, Purri, Diego, Rañales, Viñas, Novo. No segundo tempo entraron Iván Ferreiro, Corral e Esteban.
Arbitrou o colexiado ferolán Bejarano Estepa.
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
aspontes-capela_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios