TERCEIRA DIVISIÓN: CD AS PONTES 0 CCD CERCEDA 2

66

A cada xornada que pasa máis se lle complican as cousas ó As Pontes, despois de cinco partidos sen sumar un so punto, no de hoxe tras caer en casa contra o segundo clasificado momentáneo, o Cerceda, campión da pasada campaña.
Na primeira parte adiantou ós visitantes o central Aitor Díaz (30´), tras un cabezazo cruzado a saque de corner ó que non puido chegar Simón. Antes houbo sendos tiros cruzados perigosos que marcharon por escaso centímetros, de Otero (21´) e Soto (24´), o propio Soto tivo un remate perigoso no 31´que mandou Cristopher a córner.
No segundo tempo, nada máis comezar, Coedo puido chegar e bicar o santo nunha mala saída de Cristopher que lle colocou o balón en bandexa, pero o seu tiro dende 35-40 metros a porta baleira foise por pouco, tamén resaltar un cabezazo de Chicho que salvou in extremis o porteiro visitante (56´).
O Cerceda daba mostras da súa calidade en rápidos contragolpes, un remate de Franqueira salvado por Simón (51´), un despexe hacia propia porta de Angeriz (53´) e a máis clara cando Joselu se plantou so ante Simón, pero este salvou a sentencia (69´).
Xa con apenas tres defensas sobre o campo e á desesperada, tras outra indecisión atrás, o ex xogador do Racing Marcos Remeseiro queda so ante Simón e marca un golazo de vaselina dende o borde da área digno dun futbolista de Primeira División pra o rapaz de so 19 anos.
O próximo partido dos azuis será en casa ante o Ordes, para un equipo local que marcha cuarto pola cola con 12 puntos e que á espera de que xoguen os seus rivais mañá, queda xa a sete puntos da salvación.
aspontes_cerceda_001.jpg


CD AS PONTES. Simón, Fernando, Angeriz, Rochela, Javi López (Dani 74´), Cata (Coedo 45´), Chicho, Bossa, Iván González, Hugo Soto (Pablo 63´), Sergio Arias.
CCD CERCEDA. Cristopher, Noé, Aitor Díaz, Caridad, Cabrejo, Xaco (Marcos Remeseiro 81´), Adrián, César Otero, Moreira, Franqueira (Emmanuel 59´), Joselu (Josito 88´).
Árbitro: Pablo Botana Rey (Santiago). Auxiliado nas bandas por Filgueiras Cortes e Mosquera Fontes. Mostrou cartón amarelo a Cata, Bossa, Emmanuel e Caridad.
Goles: 0-1, Aitor Díaz (30´), 0-2, Marcos Remeseiro (89´).
Campo e incidencias. Uns 200 espectadores no Campo do Poboado nunha tarde-noite moi xélida e con moita néboa.
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
aspontes_cerceda_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios