TERCEIRA DIVISIÓN. AS PONTES 0 ORDES 0

66

O CD As Pontes está negado de cara ó gol e iso asentao cada vez máis nos postos de descenso.
Tras dous grandes centros de Moncho, Sergio Arias (9´) e Bossa (12´) cabecean en posición inmellorable marchandose o balón por pouco. Outro cabezazo de Hugo Soto, esta vez no 21´ acabou repelido polo poste, unha vez máis, e xa van … No 26´ Sergio Arias queda so ante Mario e este salva in extremis.
Foi sacudindose a presión o Ordes e puido adiantarse antes do descanso a través do seu habilidoso dianteiro Piter que se revolve dentro da área e o seu disparo despexao Simón cos pes (35´). O mesmo xogador tamén puido aproveitarse dun par de indecisións do porteiro e a defensa local no 42´e 45´ que o balón se paseou pola área pequena e milagrosamente non acabou no fondo das mallas. Antes destacar un rexeite tras córner que lle cae nos pes a Moncho dentro da área no 37´ pero o seu potente disparo foise por alto.
Comezou dominando o Ordes na segunda parte, e nun perigoso contragolpe Piter regatea a Simón pero o seu disparo marcha fóra ó quedarse escorado (60´). Respondeu dous minutos mais tarde Iván González dun tiro cruzado seco que lameu o poste.
Pero está claro que o As Pontes está cruzado co gol, pois ó igual que no minuto 13´ lle foi anulado un tanto a Rochela por un riguroso fora de xogo, no 71´, o mesmo liña, nunha decisión bastante dubidosa e arriscada, anulou un gol de cabeza de Sergio Arias tras córner de Bossa por entender que no saque con rosca o balón saíra por fora.
Os últimos minutos foron de asedio do cadro azul, e para colmo de males, no 93´, o recén saído Cata cabeceou ó pau, o enésimo poste no que vai de campaña (o Vilalbés lídera a táboa en puntos e o cadro local arrasa na clasificación de tiros ós postes), para un As Pontes que queda terceiro pola cola con 13 puntos e deberá gañar o martes en Bouzas e pensar que aínda quedan vinteun partidos en xogo.
aspontes-ordes_001.jpg


CD As Pontes. Simón, Moncho, Chote, Rochela, Javi López, Angeriz (Cata 80´), Bossa, Iván González, Chicho (Pablo 41´), Sergio Arias, Hugo Soto.
Ordes SD. Mario, Manu, Rubén, Fiuza, Alex Castro, Pablo Piñeiro (Pater 88´), Padín (Álvaro Gómez 63´), Álvaro, Cea, Denis, Piter.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, en tarde-noite chuviosa. Uns 150 espectadores.
Árbitro: Óscar López Rodríguez (Pontevedra) Auxiliado nas bandas por Baltasar González e Taboada Juan. Amosou amarelas a Iván González e Cea.
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
aspontes-ordes_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios