LIGA GALEGA RUGBI 2011-12: CR FENDETESTAS AS PONTES 8 VIGO RC 90

54

A calidade e excelente nivel físico do rival e as baixas do Fendetestas provocaron o abultado marcador a prol do líder vigués que mediado o primeiro tempo xa deixara sentenciado o encontro.
Os ponteses apenas puideron contar en algún momento con 15 xogadores sobre o campo xa que entre lesións e expulsións temporais pasaron case todo o partido en inferioridade.
Isto non oculta a tremenda calidade e potencial físico dos olívicos que lideran a clasificación con 10 puntos de ventaxa sobre o segundo clasificado.
O Fendetestas xa perdeu a semana pasada ante o Muralla de Lugo, tras retirarse 13-12 ó descanso, unha lesión e unha expulsión provocou que os verdes xogasen con dous menos e a pesar de poder poñerse por diante con dous golpes de castigo finalmente fallados, nos últimos minutos as forzas fallaron recibindo dous ensaios que situaron o definitivo 23-12 no marcador.
Vigo suma 40 puntos, por 30 do Zalaeta Arteixo, 27 do Ferrol, 25 do Lalín e Ourense, 24 o Mareantes, Fendetestas marcha séptimo con 14 puntos, os mesmos que Santiago, Muralla de Lugo ten 13, Crat A Coruña 12, e pechan Pontevedra e Jabatos do Bierzo con 4.
Xogaron Sergio, Moncho, Xose Cendán , Rayito, Ángel, Pablo, Toño, Mariño, Kiko, Flecha, Antón, Álvaro, Robert, Borja e Miguel.
fendetestas_001.jpg


fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios