TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – VENTORRILLO (3-3)

41

Empate do Esteo (3-3) ante Ventorrillo, da Coruña, en partido da Terceira División de fútbol sala disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha frouxa entrada de afeccionados, apenas uns 150 espectadores nas gradas do recinto deportivo pontés.
A segunda volta da liga parece non sentar ben ó Esteo, xa que á derrota da pasada xornada en Trabada hai que engadir o inesperado empate do cadro coruñés do Ventorrillo na súa visita a As Pontes este sábado. Non foi un bo partido o presenciado no pavillón da Fraga, que comezou cun dominio alterno chegando o primeiro gol ós seis minutos de xogo por mediación de Rubi, pero despois dous despistes dos locais propiciaron os tantos dos coruñeses, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte o dominio foi dos locais, que lograron darlle a volta ó marcador con goles de Fran e Rubi. Logo os ponteses non souberon aproveitar as claras ocasións que tiveron para sentenciar o partido e lograr os tres puntos. Sen embargo, sería Chapu, o goleador dos visitantes, quen marcaría o terceiro para o seu equipo despois de roubar un balón, chegándose ó final con reparto de puntos. O Esteo continúa de líder do seu grupo e na vindeira xornada visita ó Ribeira de Piquín.
esteo_001.jpg


O ESTEO FS: Iván, Chavo, Gerardo, Rubi, Diego –cinco inicial- Pellón, Anxo, Pelu, Noé, Fran e Niceto.
VENTORRILLO: Pablo, Berto, Jajo, Chapu, Vicen –cinco inicial- Visi e Kike.
ÁRBITROS: Pena Pereira e Ruano Melón, de Ferrol. Amoestaron a Gerardo, Rubi, Noé, Pablo, Chapu, Vicen e Kike.
GOLES: Min. 6 (1-0), Rubi. Min. 11 (1-1), Chapu. Min. 17 (1-2), Chapu. Min. 35 (2-2), Fran. Min. 36 (3-2), Rubi. Min. 38 (3-3), Chapu.
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios