TERCEIRA DIVISIÓN. CLUBE RÁPIDO DE BOUZAS-CD AS PONTES-0-0

89

Empate a 0-0 no encontro desputado na tarde de hoxe en Bouzas (Vigo) entre o Rápido e o As Pontes no encontro adiantado pola disputa esta fin de semana da primeira fase do Campionato de España de seleccións rexionais UEFA (o gañador español desputará o torneo europeo). Galicia xogará en Aranjuez contra Madrid e Asturias.
Nin xogando contra dez xogadores durante todo o segundo tempo puido o As Pontes marcar e polo tanto levarse ós tres puntos pra casa, e visto o visto hai que valorar moito o punto.
bouzas_001.jpg


Apenas comenzado o encontro estivo Sergio Arias a piques de sorprender, pero foi ós dous minutos cando se produxo a xogada clave do partido. Tras unha falta lateral, o Bouzas bota o balón, roza na barreira, despista a Simón e o balón acaba dentro, o colexiado a instancias do liña anula o gol, logo concedeo, para ó final, á terceira, anulalo definitivamente, non sabemos si por falta indirecta entendendo que o balón non tocou na barreira ou por posible fora de xogo.
De ahí ó final da primeira metade resaltar unha falta botada por Portas que despexa Simón (10´), unha internada de Marcos con tiro salvado por Simón (14´) e un tiro perigoso de Chicho (21´). Outra xogada clave foi ó borde do descanso, Diz, que xa tiña amarela, fai unha dura entrada por dtrás a Iván González, e o colexiado non se enruga e amosalle o segundo deixando ós locais con dez.
O As Pontes afrontaba a segunda metade coa necesidade de gañar e xogando cun home máis, pero sen embargo nos seguintes 45 minutos crearon ocasións máis perigosas os vigueses. Pablo, o mellor xogador dos azuis, creou boas ocasións coas súas internadas e disparos desde fóra da área, aunque a pouco de comezar tivo as súas Sergio Arias, pero, algo canso, non estaba fino o Rooney de Portiomarín, que deberá pedir ós Reis Magos un saco de goles a marcar durante toda a segunda volta para amosar a calidade que realmente si ten. Iván González, probablemente o xogador máis regular do As Pontes no que vai de Liga tamén tivo as súas ocasións en disparos desde lonxe, e sobre todo en un par de corners pechados que a piques estiveron de crear algún disgusto, tamén destacar un tiro cruzado de Soto, e a máis clara dos azuis unha de Sergio Arias, que plantandose so ante o gardamallas tirou cruzado e despexou Roberto in extremis no 73´.
Sen embargo as máis claras foron para o Bouzas, unha chilena de Tubo (63´), Edgar de cabeza (68´), Tubo tamén de cabeza (79´), Iago, so ante Simón, non consigue controlar e chega tarde (88´).
No 90´ a outra xogada polémica, Nacho Franco cabecea a gol un centro, en posible fora de xogo que asi sinala o xuíza de liña, conseguindo salvar un punto o As Pontes.
Se fai tres días eran os ponteses os que tiñan motivos para cuestionar a laboura arbitral, hoxe tiñanos os vigueses, alomenos no primeiro tanto.
O As Pontes segue terceiro pola cola con catorce puntos, por detrás están Lalín (11) e Sanxenxo (8), por diante Betanzos (15), Areas (15) e Estradense (17). Xa máis lonxe estaría o 14º clasificado, Negreira, con 21 puntos.
Sen embargo os seis equipos que van por debaixo do Negreira, dando por moi complicada a situación do Montañeros, e confiando no Coruxo, faranse forofos do Celta B de aqui a que finalice a tempada, que todo sexa dito, da para estar máis arriba.
O As Pontes pecha a primeira volta ante o Bergantiños o día 18 precisando gañar, para reiniciar a segunda volta tamén buscando a victoria ante un rival directo, o Estradense, na casa, necesitando o apoio da bancada, coa unión de todos, en busca de salvar a temporada.
Rápido de Bouzas. Roberto, Marcos, Cotilla, Portas, Agujetas (Collazo 86´), Óscar (Tubo 52´), Chema, Iago, Nacho Franco, Diz e Edgar (Bruno 80´).
CD As Pontes. Simón, Moncho, Fernando, Chote, Rochela, Angeriz (Cata 59´), Bossa, Chicho (Hugo Soto 71´), Iván González, Pablo e Sergio Arias.
Campo e incidencias: Baltasar Pujales. Uns 200 espectadores en tarde soleada pero fría. Moitos ponteses. Resaltar un forte golpe de Moncho contra a barandilla hacia o final do encontro que afortunadamente quedou nun susto.
Árbitro: Borja Bilbao Vizcaíno (Lugo). Auxiliado nas bandas por Rañón Vileda e Abel Bruzos. Amonestou a Marcos, Agujetas, Chema, Iago, Angeriz e Bossa. Expulsou no 44´a Diz por segunda amonestación tras unha forte entrada por detrás a Iván González. Tamén expulsou ó adestrador local.
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
bouzas_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios