VITORIA DO AS PONTES XUVENIL SOBRE O LÍDER RACING VILALBÉS E DERROTA DO AS PONTES B ANTE O GALICIA DE CARANZA

41

LIGA GALEGA XUVENIL: C.D. AS PONTES –RACING VILALBÉS (1-0)
Traballada, pero merecida vitoria do As Pontes xuvenil da Liga Galega diante do líder, Racing Vilalbés, equipo que viña a As Pontes logo de golear ó Lugo B e con tan só un partido perdido e outro empatado en doce xornadas disputadas.
O partido estivo moi disputado entre dous equipos que saíron a polos tres puntos. O conxunto que adestra Carballo realizou un encontro moi serio sabendo que diante tiña ó líder do grupo que viña ó Poboado a complicarlle as cousas. A primeira parte foi de dominio alterno con ocasións para os dous equipos. Sería a piques de rematar o primeiro tempo, no minuto 44, cando os locais lograrían o tanto que ó final lles daría os tres puntos, nun barullo na área pequena visitante que aproveitou Marcos Novo para marcar.
No segundo tempo o control do balón pasou ó Vilalbés, sen embargo as mellores ocasións foron para o As Pontes, quen tivo en Marcos Novo o seu xogador máis incisivo de cara a portería visitante, sobre todo nos minutos 25 e 30. Xa nos minutos finais atacou con máis intensidade o Racing Vilalbés tratando de igualar o partido. Sen embargo, sería o local Santalla, que acababa de entrar no terreiro de xogo, quen estivo a piques de lograr o segundo gol pontés, pero o seu disparo saíu rozando o poste esquerdo da portería visitante despois de tocar lixeiramente o meta vilalbés.
Polo As Pontes xogaron Alex, Gogas (Sergio, 90), Rubén, Palas, Marcos Otero, Beto, Marcos Novo, Fabio, Borja (Santalla, 89), Dani (Chungui, 65) e Diego (Guino, 77). Boa entrada no campo do Poboado, con presenza de seguidores de Vilalba. Tras as dúas vitorias seguidas sobre Viveiro e Racing Vilalbés o As Pontes sube varios postos na clasificación. Na vindeira xornada xoga no campo do Calo.
aspontes-vilalbes_001.jpg


aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
aspontes-vilalbes_001.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA: C.D. AS PONTES B – GALICIA CARANZA (0-2)
En canto ó segundo equipo da entidade pontesa, que milita na segunda autonómica, perdeu o seu compromiso co Galicia de Caranza por cero goles a dous, encontro tamén xogado no anexo “José” do Poboado. O encontro correspondía á xornada sexta que no seu día fora suspendida pola folga dos clubs de categoría de afeccionados debido ós prezos arbitrais.
Nesta ocasión o As Pontes non tivo o seu día, errando moito en defensa e sen apenas crear perigo na portería contraria. O primeiro gol dos ferroláns chegou no minuto catorce de partido nun lanzamento de falta que o meta Juan non puido rexeitar. O segundo tanto visitante veu ós cinco minutos do segundo tempo nun balón botado desde a banda esquerda que se cola mansamente na portería pontesa ante a mirada do porteiro Juan.
Calpita aliñou a Juan, Fernando, Álex Antón(Juan), Fran, Mourin (Xavi), Criado (Guille), Danilo (Hugo), Borja, Moya e Púas. Tras este resultado, o As Pontes continúa na décimo cuarta posición con quince puntos nun liga que lidera o Cedeira con trinta puntos. Na vindeira xornada o As Pontes B volve a xogar na casa diante do Ánimas, que está no décimo lugar na clasificación con 18 puntos.
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
aspontes-caranza_001.jpg
TERCEIRA DIVISIÓN: RÁPIDO DE BOUZAS – C.D. AS PONTES (0-0): Ampla información dende Vigo de Xosé A. Ferreiro en crónica aparte.
LIGA INFANTIL : C.D. AS PONTES – S.D. ÁNIMAS (xoves 8, 11,00h)
Este xoves o conxunto infantil do Club Deportivo As Pontes xoga no Poboado diante do Ánimas de Ferrol en partido da sexta xornada da competición comarcal, que comeza ás once da mañá (11,00).
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios