RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

49

Non puido seguir a súa boa racha e engancharse ós postos de cabeza o Xuvenil de Liga Galega, pois si o pasado martes foi quen de vencer ó líder Vilalbés, hoxe perdía na casa do antepenúltimo Calo por 1 a 0, vellos coñecidos, prácticamente coas mesmas xeneracións o equipo de Teo que privou ó As Pontes do ascenso á Liga Cadete no ano 2009. Os azuis son novenos con 20 puntos, Vilalbés ten 34, Compostela 32 e Residencia 29. Este sábado pechan o 2011 recibindo a un rival que está un punto por detrás, o Boiro.
Perdeu tan so 2-1 o As Pontes Infantil, gol de Josiño, causando unha grata impresión na casa dun dos favoritos á Liga, Portuarios, xunto a Racing de Ferrol, non en van levaba catro victorias por contundentes goleadas ata o de agora. Os azuis continúan cuartos con 10 puntos e a semana que ven descansan, continuando a Liga o día 14 do mes que ven enfrontándose na casa ante o EFG Caranza.
Contundente e sorprendente derrota do Alevín A en Miño por 7 a 2 contra o oitavo clasificado co que a Liga se lle pon moi costa arriba. Nun dos duelos de cabeza o Perlío gañou ó Caranza B 4-5 e o Eume B mantén a súa racha triunfante tras vencer 1-10 en Ortigueira. Lideran os de Pontedeume con 27 puntos, por 25 do Perlío, 24 do Caranza B e As Pontes e 22 do Amistade de Meirás. A semana que ven despedirán o ano recibindo ó sexto clasificado, Portuarios B. Tantos da honra do habilidoso Bruno e Alex B.
O As Pontes Alevín B pola súa banda perdeu 1-4 contra o Caranza C e na súa visita ó Racing San Pedro B o sábado que vén tentarán despedir o ano sumando o seu primerio punto. Gol de Jorge.
alevin_001.jpg


alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
O As Pontes Benxamín A gañou 1-11 na casa do Eume e despiden o ano por descanso a vindeira xornada situandose nunha magnífica quinta posición con 16 puntos. Hat trick de Xan e Xoel Pena, doblete de Vicente e Nono e un tanto de David García.
O Prebenxamín A goleou 8-0 ó EFR Ferrol C situándose sexto con 18 puntos despedindo o ano a semana que vén contra un complicado rival, o segundo clasificado, Racing San Pedro. Dous goles de Lois e Isma, un de Mario , Sergio, Hugo e Agustín.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Os máis novos do Prebenxamín B sacaron un brillante empate a 1-1 na casa do EFR Ferrol B e suman o seu quinto punto da tempada tendo unha boa oportunidade para seguir coa boa racha e despedir o ano de boa maneira pois o sábado reciben o penúltimo clasificado que ten tres puntos, o Racing San Pedro B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios