TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: RIBEIRA DE PIQUIN – O ESTEO (1-5)

96

Primeira vitoria do Esteo na segunda volta da liga de Terceira División de fútbol sala na casa do Ribeira de Piquin por 1-5 (1-3 ó descanso). Medio cento de espectadores no polideportivo de Meira.
Logo de dúas xornadas sen gañar o Esteo atopouse cunha clara vitoria na cancha do Ribeira de Piquin nun partido no que os ponteses dominaron máis realizando un gran xogo. Desde o inicio o Esteo saíu a polos tres puntos cunha boa defensa e nesta ocasión aproveitando as súas oportunidades chegándose a poñer cun claro 0-3 con goles de Noé e dous do veterano Pellón. No derradeiro minuto da primeira parte César lograba o único tanto do seu equipo. Na segunda parte os locais sacaron porteiro-xogador e o partido igualouse un pouco. Sen embargo, os goles foron para o Esteo, o cuarto nunha boa combinación entre Noé e Fran, quen marca, e o quinto chegou un pouco máis tarde por mediación de Noé tras roubar un balón no centro da pista. Houbo ocasións para os dous equipos e incluso nos minutos finais Chotto, que fixo un gran partido, detivo un penalti e un dobre penalti. Con esta vitoria o Esteo continúa de líder e practicamente ten asegurado o seu pase á fase de ascenso. Na vindeira xornada recibe no pavillón da Fraga ó Xove.
Ribeira-FS-Esteo-FS.jpg


RIBEIRA DE PIQUIN: Dani, Sebas, César, Lobeiras, Quintela –cinco inicial- Dani Rodríguez, Paco, Donino e Quini.
O ESTEO FS: Chotto, Pellón, Anxo, Gerardo, Noé –cinco inicial- Fran, Chavo e Gerveno.
ÁRBITROS: Darriba Villamor e Castro Bermúdez, de Lugo. Amoestaron a César, Quintela e Noé.
GOLES: Min. 4 (0-1), Noé. Min. 6 (0-2), Pellón. Min. 14 (0-3), Pellón. Min. 19 (1-3), César. Min. 31 (1-4), Fran. Min. 32 (1-5), Noé.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios