RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

43

Moi boas novas nos trae o equipo feminino de Chantada onde gañou 1-5 e xa suma 27 puntos en 17 partidos, iniciando o ano contra o perigoso equipo do Villestro, da zona santiaguesa, o 8 de Xaneiro. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com).
O segundo equipo so perdeu 2-1 en Cedeira, na casa do líder, e anque queda cuarto pola cola con 15 puntos, deixa un bo sabor de boca e tentará comezar o ano gañando o San Sadurniño, que vai dous puntos por riba, pra comezar a saír da zona perigosa, co apoio do público.


Debido ó mal estado do terreo de xogo, o As Pontes Xuvenil desprazouse a xogar o partido que lles correspondía no Poboado ante o Rápido de Neda a domicilio, e os de Santa María de Neda aproveitaron o xogar como locatarios porque conseguiron a súa primeira victoria do ano (2-1), ata o de agora tan so levaban un punto. O As Pontes queda undécimo con 13 puntos e difícil comezo de ano terá o 14 de Xaneiro pois visita ó líder O Val.
O equipo cadete tiña o enfrontamento probablemente máis complicado de toda a Liga, a domicilio contra o Caranza, co que perderon 4-2, adiantaronse 2-0 os ferroláns, os ponteses chegaron a ponerse 2-2, tantos de Nahúm e Brais Blanco, pero ó final impuxose a lóxica e acabaron sucumbindo ante o campión de Copa. O Caranza é líder con 9 puntos e As Pontes comparte segundo posto con Narón, Perlío, Portuarios e Numancia, todos teñen 6 puntos. Dentro do calendario raro das competicións infantís e cadetes desta tempada, o As Pontes retornará á Liga dentro de cinco semanas, concretamente o 21 de Xaneiro recibirá ó sempre perigoso Portuarios.
O Alevín A gañou 6-0 ó Portuarios B, son terceiros empatados a 27 puntos co Galicia de Caranza B. Precisamente ambos equipos desempatarán no inicio do 2012 no partido que os enfronta. Perlío ten 28 e o líder Eume B ten 30. Os de Pontedeume golearon 10-1 ó Miño, equipo que a semana pasada venceu 7-2 ó As Pontes. O Perlío pola súa banda goleaou 0-18 ó Caranza D.
O Alevín B conseguiu a súa primeira victoria e os seus primeiros tres puntos da tempada tras gañar a domicilio ó Racing San Pedro B por 2 goles a 3. Rematan o ano con unha alegría e tralos regalos de Reis tentarán reiniciar a Liga con outro triunfo ante un rival que ten os mesmos puntos, Caranza E.
Non puido despedirse da mesma maneira o As Pontes Benxamín B que perdeu 0-4 ante o San Sadurniño e pecha o 2011 12º con 3 puntos pero agardan con interese o 14 de Xaneiro, día noque visitarán ó último clasificado aínda sen puntuar, o Racing San Pedro.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Prebenxamín A perdeu 4-0 ante o Racing San Pedro, o único equipo capaz de plantarlle cara ó EFR Ferrol. Van sextos con 18 puntos e complicado rival terán na volta o día 14, o Galicia de Caranza.
Outra nova alegría dos máis pequenos do Prebenxamín B, que gañaron 1-0 ó Racing San Pedro B, tanto, para variar, de Alex Montero. Suman oito valiosos puntos que os sitúan na undécima praza comezando o ano visitando ó Caranza C.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios