TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: O ESTEO F.S. – S.D. XOVE (2-1)

38

Con máis apuros dos esperados O Esteo logrou unha axustada vitoria sobre o Xove por dous goles a un (ó descanso 1-0). Media entrada no pavillón municipal da Fraga, uns 200 espectadores nas gradas.
Axustado e agónico triunfo do Esteo fronte ó cadro lucense de Xove, conxunto que plantou cara ó líder da competición e a piques estivo de levarse como premio, por outro lado merecido, da pista do pavillón pontés da Fraga. O encontro estivo moi igualado ó longo dos corenta minutos cun Esteo que se veu sorprendido polo xogo dos mariñáns. Na primeira parte non houbo moitas ocasións de gol con predominio das defensas sobre os atacantes. Mediado o primeiro tempo Noé de forte disparo establecía o 1-0, resultado co que se chegou ó descanso. Na segunda parte os locais saíron decididos a sentenciar o partido e todo parecía que ía ser así, xa que ós oito minutos Rubi marcaba o segundo tanto despois de errar un penalti. Sen embargo non foi así e a partir de aí os visitantes acosaron a portería de Choto, que fixo un bo partido, creando ocasións de gol, sendo Tore quen marcaba para o seu equipo a falta de minuto e medio. Os noventa segundos restantes foron agónicos para os locais, pero ó final os puntos quedaron nas Pontes. Con este resultado o Esteo está matematicamente clasificado para a fase de ascenso a falta de cinco xornadas para o final. Despois das vacacións de Nadal O Esteo visita a cancha do Mera B o 14 de xaneiro do vindeiro ano.
esteo_0001.jpg


O ESTEO FS: Choto, Pelu, Fran, Gerardo, Noé –cinco inicial- Rubi, Pellón, Chavo, Gerveno e Santi.
SD XOVE FS: Álvaro, Dani López,, Álex, Dani Díaz, David –cinco inicial- Darío, Borja, Chetis, Iago e Tore..
ÁRBITROS: Vilas Martinez (Santiago) e Dans Rey (Coruña). Amoestaron a Fran, Rubi, David e Tore.
GOLES: Min. 9 (1-0), Noé. Min. 28 (2-0), Rubi. Min. 38 (2-1), Tore.
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
esteo_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios