Resultados da fin de semana do Clube Atletismo Olympo (Lugo Monumental e Vola a Ría)

37

Lugo Monumental:
Nunha mañá con moito frío (2ºC), como cabe de esperar en terras lucenses, e máis nestas fechas, achegáronse ata a cidade monumental sete integrantes do Clube Atletismo Olympo de As Pontes para disputar a décima edición da popular “Lugo Monumental”, carreira de aproximadamente 10 kilómetros, que recorre o centro da cidade, e como punto culminante está o remate da carreira correndo por riba da muralla romana. Remataron 1245 atletas, 180 deles mulleres.
Olympo_0001.jpg


Os resultados dos atletas do Olympo foron os seguintes:
Luis Sito Vilasuso Pita . 211 da xeral e 72º da súa categoría
Abel Pérez Corral. 303 da xeral e 96º da súa categoría
Susana Castro Pena. 507 da xeral, 23ª muller e 8ª da súa categoría
Susana Bellas Bermúdez. 672 da xeral, 33ª muller e 13ª da súa categoría
Xalo Maira Pernas. 747 da xeral e 204º da súa categoría
Virginia Polo Campello. 756 da xeral. 44ª muller e 14ª da súa categoría
Rocio Fontao. 1099 da xeral. 118ª muller e 62ª da súa categoría.
Volta a Ría:
Nesta ocasión, a media maratón de máis tradición da noza zona, despois de non ter moi clara a súa organización este ano, contou cun total de 405 participantes que finalizaron. O Clube Atletismo Olympo so contou nesta ocasión con un atleta, pero que fixo unha gran carreira.
Manuel Ferro Dopico. 144 da xeral. 35º da súa categoría.
A proba de Lugo foi gañada por Carlos Villamor Castiñeira e a Volta á Ría polo santiagués Pedro Nimo del Oro, os dous con moita superioridade.
Olympo_0001.jpg
Olympo_0001.jpg
Olympo_0001.jpg
Olympo_0001.jpg
Olympo_0001.jpg
Nova cortesía de Susana Castro e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios