SELECCIÓNS GALEGAS FEMININAS EN BUEU

34

Estes días disputouse na localidade pontevedresa de Bueu a primeira fase do Campioanto de España Feminino, entre Madrid, Murcia e Galicia. A primeira xornada tivo lugar o martes nos enfrontamentos entre galegas e madrileñas, as sub18 perderon 0-2, no conxunto das sete estrelas había ata 4 campionas de Europa Sub17, mentres que o combinado sub16 logrou un heroico empate a 1-1.
Na xornada do mércores o combinado madrileño impuxose a Murcia, 4-1 en sub16 e 5-2 en sub18.
galega_feminina_0001.jpg


Xa na xornada de este xoves enfrontaronse Galicia e Murcia. Comezou ás 10 da mañá coa cita sub16. Adiantaronse rápido as galegas. Antes do remate da primeira metade, a mellor xogadora, Patricia Carballo, campiona de España de 60 metros lisos e internacional sub16 sofreu un desvanecemento por un problema estomacal. Un minuto despois marchouse en velocidade, regateou á porteira e disparou ó longueiro. No segundo tempo, tras un centro rematado de cabeza Galicia anotaba o segundo, pouco despois Patricia Carballo íase en velocidade, regateaba á porteira murciana e marcaba a porta baleira. O 4-0 definitivo anotabao Carla do Arousana cun pouco de fortuna. Non xogou a outra internacional sub16 Lucía Camisón por lesión.
Galicia Sub16 pasa á segunda fase con 4 puntos. Xogaron Lucía Camisón, Cecilia Fernández, Tamara Custodio (O Olivo), Ángela Prado, María Gómez, Nerea Parafita (Victoria A Coruña), Alba Ferre, Carla Falcón (Atlético Arousana), Ángela Nogueira, Belén Fernández (Portosín), Ariane Martínez, Sheila Fernández (Cacheiras), Nerea González, Patricia Carballo (Orzán), Paula Domínguez (Redondela), Irina Martínez (Tide), Nuria Rabano (Milladoiro) e Alejandra Troncoso (Casablanca).
Xa despois ás 12, xogou a sub18, comezou arrolladora a selección, ós dous minutos marcou Alexandra Pichel, e puido marcar o 2-0 Natalia cun trallazo ó longueiro, pero o encontro ralentizouse ata o final da primeira metade cando tras un corner de Claudia García “Clo” que ía para gol olímpico finalmente introduciuno unha defensa. No comezo do segundo tempo as murcianas situaronse 2-1 con un golazo, tras un tiro por alto Galicia poñíase 3-1, ata que con unha preciosa vaselina Murcia situaba o 3-2. A selección galega que dominou todo o encontro víase contra as cordas, pero bastaron dous minutos e dous goles de Natalia, sensacional, e Fátima Fernández, para poñer o definitivo 5-2.
A resaltar as ex compañeiras de Yaiza e Paty, algunhas manteñense na selección e a moi bo nivel, a central Marta de la Torre, a extremo Candela, pero sobre todo, destacar a tres, as dúas medio centros, Nerea Carballo e Natalia Sanchez, impresionantes, control co peito, de cabeza, colocación, distribución … e a dianteira Claudia García, un torbellino con perigo constante, tres xogadoras incluidas na libreta do seleccionador español, igual que a porteira Carlota Zabaleta e a centrocampista Carlota Rodríguez.
Galicia pasa á seguinte fase con 3 puntos. Xogaron Carlota Zabaleta, Marta De La Torre, Claudia García, Carlota Rodríguez, Alexandra Pichel (O Olivo), Natalia Sánchez, Nerea Carballo, Candela Gómez (Compostela), María Arufe, Inés Vázquez (Atlético Arousana), Sheila Sánchez, Nuria Pérez (Friol), Eva Lauzara, Ana González (Erizana), Cristina Frade (Orzán), Fatima Fernández (Victoria A Coruña), Laura Lema (Portosín) e Verónica Giráldez (Coruxo).
No 2012 xogarase a segunda fase a disputar por todas as selección e as catro que máis puntos sumen en total pasarán a semifinais.
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
galega_feminina_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios