Concurso: Como conseguir 2.000€ e non morrer no intento

128

O 7 de xaneiro, pola mañá, todos os participantes, durante o prazo de 1 hora simultánea, terán que mercar produtos ou servizos por un valor total non superior a 2.000 € (IVE incluído). Seleccionaranse 25 candidatos de entre todos os boletos recollidos na urna colocada no concello.

Merca Nas Pontes Nadal 2011


O 7 de xaneiro, pola mañá, todos os participantes, durante o prazo de 1 hora simultánea, terán que mercar produtos ou servizos por un valor total non superior a 2.000 € (IVE incluído).
Esta selección farase mediante un sorteo no local da entidade organizadora chamando aos candidatos ao número de teléfono que aparece no boleto. Terán que aceptar as condicións establecidas pola organización e presentarse no concello antes do prazo indicado.
O/a seleccionado/a pode designar a algún representante para que participe no seu nome. Facilitará os datos deste representante.
O menores de idade poderán participar acompañados dun titor.
No caso de que algún seleccionado/a non responda á chamada ou non acepte participar, chamarase a outro e así sucesivamente. Haberá tempo limitado para facer as chamadas e que os seleccionados/as acepten as condicións, senón o concurso realizarase cos presentes.
As persoas seleccionadas poderán ir acompañadas por outra durante o transcurso do concurso.
Unha vez reunidos todos os participantes, farase entrega a cada un do material identificativo para que os establecementos os poidan recoñecer facilmente e explicaráselles as condicións que deben cumprir para poder gaña-lo premio.
Durante o tempo do concurso os participantes visitarán os establecementos de interese para mercar o que desexen. Anotarán o produto ou servizo elixido, o importe (IVE incluído) e o selo do establecemento. Irán sumando ata crer que chegaron aos 2.000€ momento no cal se presentarán de novo no concello.
O establecemento non entregará ningún artigo ou mercadoría a ningún participante mestres dure o concurso.
O/a gañador/a será aquel que consiga mercar produtos por valor de 2.000€ exactos(IVE incluído) ou aquel que dentro do tempo estipulado, máis se achegue ao importe sen supera-lo e cumprindo coas restantes condicións.
Unha vez coñecido/a o/a gañador/a faráselle entrega do premio o día 7 pola tarde. Para poder realiza-la compra dos produtos elixidos a organización lle entregará os VALES correspondentes polos importes anotados e que entregará no establecemento como forma de pago.
O/a gañador/a non poderá troca-lo importe do Vale por valor en efectivo.
Para trocar ese Vale, o titular do establecemento deberá entrega-lo na oficina da entidade organizadora xunto coa factura da compra ou gasto realizado polo/a gañador/a e a nome da AEP.
Os/as gañadores/as aceptarán que os seus datos e imaxe sexan utilizados pola organización para face-la correspondente comunicación nos medios(prensa, radio, televisión, web).
CRONOLOXÍA DO CONCURSO:
MAÑÁ:
9.00 Selección candidatos no local da AEP.
10.15 Presentación de candidatos no concello. Entrega de material identificativo para participantes. Instruccións.
10.30 a 11.30 Prazo para as compras. Chegada ao concello dos participantes.
12.00 Selección do gañador.
TARDE:
17.30 Entrega premio ao gañador/a concurso na Casa Dopeso.
Actuación do grupo local Os Feroces da Galgueira.
A AEP terá plena potestade para interpretar, aclarar e modificar total ou parcialmente as bases do concurso, sen incorrer por iso en responsabilidade algunha.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios