Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos

186

Hoxe xoves 29, ás 20 horas da tarde no Lar de Endesa de As Pontes terá lugar a presentación da publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, nun acto que contará coa presencia dos seus autores Aurora Vázquez Aneiros, María Xesús Arias Rei e Luis Calvo Teijo os cales falaránnos das arredor de setenta sás cinematográficas que houbo nas comarcas de Ferrol entre os anos 1891 ata o 2010.


Estas marcaron unha época nos aspectos económico, social e cultural tendo en conta que arredor desa actividade moveuse a economía de moitas familias ao tempo de ser un referente social e cultural durante perto de cen anos.
A publicación “Os cines na comarca de Ferrol-Eume-Ortegal . As súas xentes. Os seus recursos (1891-2010)”, consta de 136 páxinas a cór, divididas en tres capítulos que recollen as sás de cine en Ferrol. Este primeiro capítulo foi elaborado por Aurora Vázquez Aneiros; o segundo sobre as sás de Fene por María Xesús Arias Rei e o capítulo que fala do resto de comarcas a cargo de Luis Calvo Teijo quen tamén é o autor de outros dous capítulos que recollen datos e imaxes das xentes que traballaron nestes cines. O último capítulo contén información e imaxes dos recursos e máquinas dos mesmos, moitas delas aínda arrumbadas á espera dalgunha iniciativa capaz de recoller ese material e que non desapareza, como os locais, mesmo para a montaxe dun museo que albergara esa parte da nosa historia sociocultural.
A presentación deste libro dos cines estará reforzada coa proxeción dun audiovisual que recolle as imaxes dos locais, hoxe desaparecidos na súa mayoría que lembrarán aos asistentes aqueles tempos vividos no seu día baixo a maxia e os soños do cine.
Con esta presentación a asociación “Conxeito” comeza un circuito que levará a presenza desta importante publicación a varios concellos da comarca, ofrecendo a posibilidade de regalar parte da nosa historia durante as festas do nadal.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios