GRAN ACTUACIÓN DE ALEX CABARCOS NO PAÍS VASCO

222

O futbolista pontés Alex Cabarcos disputou este mércores e xoves coa selección galega a Primeira Fase do Campionato de España.
A selección galega tivo un magnífico rendemento pois impúxose ó conxunto anfitrión (0-1) e onte gañou a Extremadura (2-4).
O primeiro encontro presentabase como o máis complicado, e a selección galega sorprendeu ó gañar á selección de Euskadi, campiona do torneo o ano pasado coa magnífica xeneración do 93, gracias a un gol do deportivisita Dani Iglesias ó pouco de comezar o encontro que souberon defender ata o final. A pesar de contar nas súas filas con dous dianteiros internacionais sub17 o ano pasado, os donostiarras Iker Hernández e Eneko Capilla, e contar co apoio do público, os actuais campións perderon ante a selección galega que deu a campanada anticipandose ás do sábado. Se cadra sorprendeu un pouco ó aproveitamento ó máximo da xeneración do 94, e que o seleccionador vasco non contase cos dous medios centros do Athletic, Iker Undabarrena e Óscar Gil, habituais na actual selección española sub17 (1995).
alex.jpg


Alex Cabarcos xogou todo o encontro no lateral esquerdo nunha selección galega que formou con Rubén Blanco, Alex Ocampo, Alex Cabarcos, Jonathan Castro, Jorge Callón, Jose Varela (Alberto Rey 70´), Jordán Domínguez, Dani Iglesias, Juan Barros (Jorge De Dios 57´), Karim Herrero (Brais Cancelas 73´) e Sergio González (David Remeseiro 58´).
Xa no segundo partido, tendo en conta o plantel tan completo do que dispón, e que Galicia xogaba dous partidos seguidos en dous días perante unha Extremadura que chegaba fresca pois debutaba no torneo, o adestrador galego dosificou ós seus xogadores e Alex quedou no banquiño.
Encontro máis fácil do presumible pra unha selección galega que se puxo 0-4, con tres na primeira metade e un nada máis comezar o segundo tempo, e nos últimos minutos a relaxación provocou os dous goles extremeños. Os tantos galegos foron obra, por partida dobre, do deportivista Dani Iglesias e do xogador do Pabellón Ourense Karim Herrero.
Xogaron Diego García, Jonathan Castro, Jorge Callón, Brais Cancelas (Alex Ares 78´), Jordán Domínguez (Sergio González 63´), David Remeseiro, Dani Iglesias (Jorge De Dios 57´), Juan Barros, Alberto Pena, Karim Herrero (Jose Varela 67´) e Alberto Rey.
Tamén xogaron este torneo os racinguistas Sergio González e David Remeseiro asi como o central-lateral esquerdo de Cedeira Alberto Rey (Celta).
Non contou coa mesma sorte o combinado sub16 pois perdeu ante o gran equipo vasco 4-3 pra resarcirse o día seguinte ante Extremadura (6-1).
Os sub18 quedan nunha inmellorable posición, pero aínda queda moito, e á espera de coñecer os dous rivais da segunda fase e a sede do torneo, pasan con seis puntos, e unha victoria e un empate na segunda darialles un 95% de posibilidades de acceder a semifinais, pero será moi dura a competencia.
Fotografía e actas xentileza de Galicia de Caranza
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios