Último día para deposita-los boletos rasca correctamente cubertos na urna situada no baixo do concello

47

Mañá 5 de xaneiro, ata ás 13.00 horas, será o último día para deposita-los boletos rasca Merca nas Pontes 2011 correctamente cubertos na urna situada no baixo do concello.
Así, todos aqueles que desexen participar no concurso do vindeiro sábado “Como conseguir 2000€ euros e non morrer no intento” teñen aínda a posibilidade de facelo. Lembrar que o sábado pola mañá, se fará unha selección dos participantes mediante sorteo e chamada telefónica. Despois de recibir as correspondentes instruccións terán un tempo limitado para consegui-lo premio. Pola tarde, a partir das 17.30, na Casa Dopeso, xunto coa actuación de Os Feroces da Galgueira darase a coñece-lo gañador/a do concurso o que porá fin á edición deste ano.

Merca Nas Pontes Nadal 2011

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios