Nota de prensa BNG: O GRUPO MUNICIPAL DO BNG DENUNCIA DIFICULTADES PARA DESENVOLVER O SEU TRABALLO

26

O goberno municipal impide a consulta de determinados expedientes.
Sete meses chegaron. O 14 de xullo, no Pleno de organización do Concello, o Alcalde recoñecía, voluntaria e publicamente, “… que o labor de fiscalización da oposición é importantísimo…”, e comprometíase, tamén voluntaria e publicamente, a que “…non se vai obstaculizar ese labor…” e a convocar “…as comisións informativas e todas as reunións que nos pida a oposición…”. Tan só sete meses despois, os seus actos demostran a falsidade daqueles seus compromisos.
Diante dos impedimentos políticos para poder consultar expedientes e acceder a información municipal, o BNG tivo que facer solicitudes, por escrito, de informes e de convocatorias de Comisións, que, a día de hoxe, están sen contestar.
Os temas afectan a varias Concellarías, entre elas as que teñen adicacións exclusivas; a relación seguinte, na que se indican as datas de solicitude, está feita de novo ao Alcalde:
• actuacións no depósito de materiais arqueolóxicos na estación de autobuses (17.09.2011);
• Comisión Especial de Patrimonio (17.09.2011);
• licenzas de primeira ocupación pendentes de contestar (01.10.2011);
• organigrama e responsábeis das Comisións Sectoriais sobre do Lago, e propostas presentadas (02.11.2011);
• EDAR (12.11.2011);
• expedientes de consolidación (30.11.2011);
• horas extras (30.11.2011);
• novas contratacións de persoal (30.11.2011);
• informe do servizo de Deportes de 27 de setembro de 2011 relativo a unha subvención nominativa ao C.D. As Pontes (30.11.2011);
• informe de reparo suspensivo núm 2G/2011 do Interventor Accidental de 27 de setembro de 2011 relativo a unha subvención nominativa ao C.D. As Pontes (30.11.2011);
• informe técnico dos consumos eléctricos de 2011 (12.12.2011);
• suspensión do proceso selectivo de dúas prazas de Policía Local (12.12.2011);
• xustificación das festas (12.12.2011);
• calidade da auga do río Eume (14.12.2011);
• redacción de proxectos do Plan da Minaría 2006-2012 (14.12.2011);
• criterios na elaboración dos orzamentos de 2012 (16.12.2011);
• funcións do IPPEC no ámbito do emprego (16.12.2011);
• situación do contrato do SAF (16.12.2011);
• situación dos contratos de RSU e limpeza viaria (16.12.2011);
• expediente “Instalacións de Ocio Anexas ao Lago. 1ª Fase” (30.12.2011);
• informe técnico dos padróns do IAE de 2007 ate 2011 (30.12.2011);
• informe técnico sobre padrón municipal de habitantes entre 16 anos e 65 anos dende 2007 ate 2011 (30.12.2011);
• actas das reunións relacionadas co Plan da Minaría 2006-2012 (02.01.2012);
• adxudicacións de contratos relacionados co Plan da Minaría 2006-2012 (02.01.2012);
• convenios asinados relacionados co Plan da Minaría 2006-2012 (02.01.2012);
• informe técnico do consumo mensual da telefonía de 2011 (04.01.2012);
• afeccións do RealDecreto-lei 20/2011, do 30 de decembro (05.01.2012).
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios