RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

28

Empate con sabor agridoce do As Pontes na Malata. Sendo maxistral o punto obtido, os verdes contrarestaron o inicial gol de Bossa de falta maxistral, cun tanto do nixeriano Elvis Onyema a falta de 15 miutos de tiro cruzado. O As Pontes, que saiu de inicio con Simón, Moncho, Rochela, Chote, Fernando, Angeriz, Coedo, Bossa, Chicho, Iván e Sergio suma un punto que o mantén sexto pola cola, pero a derrota do Celta B hoxe no Anxo Carro 3-0 ante o Lugo, fai que momentáneamente haxa seis descensos en Terceira. En zona máis ou menos perigosa quedan Somozas con 30 puntos, Vilalonga 29, Dorneda 28, Ferrol 27, Negreira 26, Bergantiños 25, As Pontes 21, Estradense 20, Areas 18, Betanzos 16, Lalín 14 e Sanxenxo 12. A vindeira semana visita o Poboado o veciño limítrofe, Racing Vilalbés, brillante cuarto clasificado, e hai que intentar que os tres puntos queden na casa co apoio do público.
O Xuvenil B non tivo un bo inicio de 2012 pois perdeu 4-0 co Val, o líder da categoría, o que o sitúa na 12ª posición con 13 puntos, e rematarán a primeira volta recibindo ó Numancia de Ares.
O Infantil empatou 2-2 co EFG Caranza, victima do seu mal inicio de encontro, sendo quintos con once puntos. A semana que ven xogarán en Ares co Numancia, que vai un posto por diante nunha Liga monopolizada por Portuarios e Racing de Ferrol ata que se enfrenten entre eles. Marcaron Andrés Pita e Iago de penalti.
infantil_0001.jpg


infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
O Alevín A deixou boa parte das súas aspiracións ligueiras na inapelable derrota 6-1 ante o Caranza B, tanto da honra de Sergio Otero, nunha Liga agora dominada por Eume B (33), Perlío e Amistade de Meirás (31), Caranza B (30), por 27 dos azuis que recibirán precisamente a semana que vén ó Perlío no intento de volver a reengancharse á loita polo título.
Sensacional o Alevín B que iniciou este ano coa súa segunda victoria ligueira tras golear 4-0 ó Caranza E, o que os coloca 11º con seis puntos, e o sábado que ven tentarán sumar a terceira victoria, que non será doada, na casa do colista Cedeira B. Marcaron Mateo por partida dobre, Javi e Antón Cillero.
O Benxamín A goleou 7-2 ó Xuventude de Cabanas, asentandose na sexta praza con 19 puntos, xogando o vindeiro sábado en Ferrol contra o Portuarios B. Marcaron por partida dobre Nono e Xan, e un de Xoel Trastoy e Vicente.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
Nun duelo colista contra penúltimo, venceu o Racing San Pedro ó Benxamín B azul por 2-1, co que cedeu a última praza ós ponteses que o vindeiro sábado reciben nin máis nin menos que ó segundo clasificado Narón BP.
O Prebenxamín A gañou 4-1 ó Galicia de Caranza. Manteñen a sexta praza con 21 puntos, acudindo o sábado a San Sadurniño. Goles de Hugo, Xoel, Sergio e Mario.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Os máis noviños do Prebenxamín B perdeu 6-4 co Caranza C. Son undécimos con 8 puntos. Reciben o sábado ó Galicia de Mugardos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios