AS PONTES, FÚTBOL-7 DE VETERANOS: CAMPIONATO DE LIGA 2011/12

31

Despois do descanso de Nadal recomezouse a competición de fútbol de veteranos de As Pontes coa disputa da décimo segunda xornada de liga, na que destacan as goleadas de As Pontes 74, Construcións Guerreiro, Mobles Eume e Cafetería Bahía sobre Maren, Xuntanza, Santaballés e MMYPEN. Máis igualado estivo o choque entre Farmavida e A Cepa con vitoria final dos farmacéuticos por 2-1.
Encabeza a clasificación en solitario M. Eume, con 29 puntos, seguido de Farmavida (26), C. Bahía (21). A continuación están Santaballés e As Pontes 74, con 20 puntos, C. Guerreiro (18), La Galaxia (12), A Cepa (11), Xuntanza (8), MMYPEN (3) e pecha a clasificación Maren con cero puntos, despois de que se lle dera por perdido o partido contra MMYPEN por aliñación indebida.
Para a vindeira xornada salientar o choque entre o primeiro e segundo clasificados, Mobles Eume e Farmavida, con tres puntos de diferenza para o líder. O encontro dispútase o sábado ás sete da tarde (19,00).
Na clasificación de goleadores, segue primeiro Juancar (C. Guerreiro), con 17 goles. En segunda posición está Iván (Santaballés), con 10 tantos marcados. Con nove está Fernández (A Cepa) e Michel (C. Guerreiro), con oito Pepe (Mobles Eume) e Susín (M. Eume) e Luis (As Pontes 74).
En canto ó trofeo Zamora, é primeiro Marcelino (M. Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Miguel (As Pontes 74) e Peruzzi (C. Bahía).
veteranos_0019.jpg

11ª XORNADA (14/15-01-2012)

C. Guerreiro – Xuntanza (5-1)
Maren – As Pontes 74 (1-7)
Santaballés – M. Eume (0-3)
C. Bahía – MMYPEN (3-0)
Farmavida – A Cepa (2-1)
Descansou: La Galaxia

12ª XORNADA (21/22-01-2012)

M. Eume – Farmavida (21, 19,00)
MMYPEN – C. Guerreiro (21, 20,00)
Xuntanza – Santaballés (22, 10,00)
A Cepa – La Galaxia (22, 11,00)
As Pontes 74 – C. Bahía (22, 12,00)
Descansa: Maren

veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
veteranos
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios