O Grumir pontés trasladarase á antiga Cruz Vermella

33

[El Progreso] O Concello das Pontes trasladará o Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) dos baixos do centro de saúde da localidade ao antigo edificio de Cruz Vermella, baleiro desde fai algo máis de catro anos e situado na área industrial de Cruz das Cabezas, na estrada a Vilalba.


Con esta iniciativa, o Concello pontés, que xa tramitou o expediente de cesión do centro de saúde á Consellería de Sanidade, pon a dispoñibilidade da Xunta de Galicia todo o edificio, requisito que esixía o Goberno galego para asumir o mantemento do centro, que supón un desembolso de 74.000 euros ao ano para as arcas municipais, entre limpeza, luz, teléfono e outros gastos.
Os traballos para trasladar ao equipo do Grumir, que o Concello prevé ter instalado na súa nova localización en menos dun mes, xa comezaron, coa limpeza e preparación do edificio que durante anos utilizou Cruz Vermella na localidade. O inmoble, de titularidade municipal, foi cedido á institución humanitaria durante anos pero esta renunciou á súa xestión tras anos sen actividade nas Pontes.
«Estamos pendentes de que a Xunta asuma a transferencia do centro de saúde. O expediente está tramitado e non recibimos ningún requirimento», explica a edil Montserrat García.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios