RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO C.D. AS PONTES

68

O segundo equipo pontés foi incapaz de gañar na casa do colista. Perdeu 2-1 en Valdoviño, tanto de Danilo, perden o goal average co último, e seguen segundos pola cola con 15 puntos, en descenso directo, e anque Eume e Cariño non están en moi boa situación na Primeira Autonómica, de momento parece ser que non hai arrastres e solo baixarían dous equipos. O Barallobre está a un punto e o Somozas B a dous, e para a semana ven o outro equipo fenés, a Cultural Maniños, equipo cuarto clasificado, enfrascado na loita polo ascenso, pero ó que hai que gañar si ou si, para un equipo azul que leva dende o 20 de Novembro, máis de dous meses, sen gañar e necesita tres puntos como o comer.
Empate a 1-1 do Xuvenil de Liga Galega ante o Montañeros B, o que deixa ós de Carballo décimos con 25 puntos, recibindo o sábado que vén ó Conxo B, dous postos e catro puntos por riba. Lidera Compostela con 44, equipo que semella que vai lograr os dous ascensos, e Vilalbés con 38.
O equipo feminino salvou un empate a 0-0 na casa do penúltimo clasificado Silleda, equipo que, como xa advertimos, ten moito máis plantel do que indica a súa clasificación actual. Pero o punto do equipo feminino foi o máis valioso dos seus catro anos de historia. Comezando o ano coa mesma falta de puntería que o 2011, para este encontro a porteira titular Leti non puido acudir, co cal saiu a súa suplente, Alba Romero, a quen nunha xogada desafortunada no primeiro minuto lle partiron o labio e tivo que ser sustituida no minuto 3. Para colmo de males, hoxe tampouco foi da partida Yaiza, a multiusos, así que a heroína da xornada foi a dianteira Candela Prieto, quen emulando os xenes do seu irmanísimo campión de Europa Borja Prieto, mantivo a portería a cero durante os 87 minutos restantes logrando un punto para as azuis que suman 29 e a semana que ven recibirán á complicadísima Pastoriza. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com).
O segundo xuvenil empatou 2-2 co Numancia de Ares. Marcha decimoprimeiro con 14 puntos. A semana que ven acudirán ó Cadaval para enfrontarse ó Narón BP. Os dous tantos foron anotados polo polivalente e talentoso Darío.
xuvenil_b_0001.jpg


xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
xuvenil_b_0001.jpg
Victoria por 4-2 do equipo cadete do tándem Roca-Bouza ante o Portuarios, o que os sitúa cuartos con nove puntos (empatados con San Pedro e Narón BP), detrás do intratable Galicia de Caranza que ten 12. A semana que vén enfrontaranse co EFG Caranza. Os tantos foron anotados por Dieguito (2), Nahum e David.
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
cadete_0001.jpg
Derrota do equipo infantil adestrado por Iván Rodríguez en Ares ante o Numancia por 1-0. Os azuis son séptimos con 11 puntos e na vindeira semana recibirán ó Miño que suma catro.
Un vendaval fenés pasou polo Poboado e o Alevín A de Fontao despediuse do título de Liga tras perder 2-5 co Perlío. Pola súa banda o Eume B goleu 7-1 ó Caranza B, equipo que a semana pasada desfixose dos azuis por 6-1, e os de Pontedeume son líderes con 36 puntos, dous máis que os de Fene. Non se rende Amistade de Meirás que tamén ten 34, e xa máis alonxados Caranza B con 30 e As Pontes con 27. Os azuis reciben a semana que vén ó Cariño. Tantos de Bruno e Diego Criado.
Sensacional o Alevín B que gañou o seu segundo partido consecutivo e xa suma 9 puntos. Impúxose ó Cedeira B por 0-8, alcanzando a décima posición e visitando a semana que vén ó Animas, un posto e tres puntos por riba.
O Benxamín A perdeu 4-2 co Portuarios B, tantos de Xoel e Adrián. Son sextos con 19 puntos visitando a semana que ven ó líder invicto Racing San Pedro B, 12 victorias en outros tantos encontros.
O As Pontes Benxamín B perdeu 2-10 co líder Narón BP, recibindo tamén en casa o sábado que ven ó terceiro clasificado, Caranza B. Tantos da honra de Javi e un en propia meta.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
Gran victoria do Prebenxamín A en San Sadurniño por 0-4. Os azuis son sextos con 24 puntos.
Visitarán ó penúltimo clasificado Caranza D o próximo sábado.
Os máis pequenos do Prebenxamín B perderon 1-3 co Galicia de Mugardos e continúan 11º con 8 puntos, repetindo partido na casa o día 28, nesta ocasión co Eume que vai un posto por diante con catro puntos máis. Gol de David.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios