PONTOIBO CELEBROU A SÚA FESTA PATRONAL NA HONRA DE SAN VICENTE

112

Esta fin de semana o barrio pontés de Pontoibo celebrou as súas tradicionais festas na honra de San Vicente, as primeiras do ano e unhas das de máis tradición e antigas do concello de As Pontes e arredores.
Os festexos comezaron o sábado 21 cunha misa á unha do mediodía, para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Compostela, que tamén amenizou a verbena xunto ó grupo Passión.
O acto principal do domingo 22, o día do patrón e o máis esperado polos numerosos romeiros que acoden a este santuario, foi a tradicional poxa de produtos do campo que dende hai moitos anos vén realizando o popular e coñecido Salustiano Ameneiro, quen ós seus 93 anos e ó longo de máis de dúas horas deleitou ó público cos seus chistes e comentarios ó mesmo tempo que ía facendo a poxa de produtos da terra, como mel, chourizos, carne de porco, polos, trigo, maínzo, doces.
A primeira hora da mañá o grupo tradicional os Trevillas fixo un pasacalles polo barrio. A misa nesta xornada de domingo foi no adro da capela debido á gran asistencia de devotos. A orquestra Los Satélites encargouse de poñer música na sesión vermú. O grupo Fusión acompañou a esta afamada orquestra na verbena, que comezou ás seis do serán, como se celebraban antigamente.
pontoibo_2012-0001.jpg


A CAPELA DE SAN VICENTE
Este santuario situado preto da vila de As Pontes data de moi antigo, pois aínda que a capela foi reformada e ampliada no ano 1847, a imaxe de San Vicente ten máis antigüidade, calcúlase nuns cincocentos anos. A capela foi construída nunha zona onde apareceron restos primitivos doutras civilizacións, como un sarcófago situado á carón da capela.
Segundo o libro de contas da capela de San Vicente, que comeza no ano 1858 e remata en 1912, a capela foi reconstruída sobre unha antiga no ano 1911 cuns gastos de 2.282 reais nas obras, xa que o material foi doado polos veciños. Nas últimas décadas sufriu reformas, sendo a última, a ampliación do campo da festa e a desaparición da cubrición de uralita que afeaba o entorno da capela. Hoxe en día é unha das capelas mellor conservadas da comarca situada nunha fermosa paraxe a tiro de pedra da vila de As Pontes.
A orixe das poxas data do ano 1882 e hai constancia dos nomes dos mordomos do santuario, dende 1857 (Francisco de Castro) ata 1912 (José María Vázquez).
SAN VICENTE MÁRTIR
Vicente de Zaragoza ou San Vicente Mártir foi un cura español, diácono de San Valero de Zaragoza, que foi preso e torturado por orde do emperador Diocleciano, morrendo en Valencia o 22 de xaneiro do 304 ou 305. Segundo a lenda antes de morrer converteu ó seu verdugo.
Enterrado primeiramente en Valencia, posteriormente os seus restos foron trasladados á catedral de Lisboa, cidade da que é patrón, ademais da propia Valencia, Corbera (Valencia), Lucena del Puerto (Huelva), Zalamea la Real (Huelva), Molina de Segura (Murcia), Ardanaz de Egüés (Navarra) e da cidade italiana de Vicenza. Os viñateiros e os fabricantes de vinagre tamén teñen como patrón a San Vicente Mártir, así como dos xastres e as modistas.
Está representado coa vestimenta do seu rango acompañado dun corvo en unha moa de muíño, que fan referencia ó seu longo e penoso martirio.
San Vicente de Pontoibo, 22 de xaneiro de 2012 (AF)
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
pontoibo_2012-0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios