Unha empresa das Pontes xestionará todo o material sanitario do Sergas

28

[El Progreso] A empresa pontesa Servizo Móbil encargarase a partir de finais deste ano da xestión privada do material do Sergas en toda Galicia, a través dunha única plataforma loxística que fornecerá material cirúrxico, de laboratorio e implantes e próteses a 14 hospitais e a todos os centros de saúde galegos.


A Xunta adxudicou a finais de 2011 á firma pontesa a centralización do servizo -ata agora realizado por uns 200 funcionarios- por un período de once anos, como se publica no Diario Oficial de Galicia, e por un importe de 88,3 millóns de euros.
A empresa adxudicataria, que xa comezou a construción do que será o seu almacén principal en Negreira, prevé crear ao redor de 150 postos de traballo coa súa plataforma loxística, que espera ter en funcionamento a finais deste ano, aínda que a súa posta en marcha será progresiva.
Luís Castro, director xeral da compañía pontesa, asegura que a adxudicación deste servizo é «un reto importante» para a firma e «un avance como posicionamento no mercado para ratificarnos como líderes».
Servizo Móbil xa contaba cunha xestión disgregada en varios hospitais de Galicia, como o Juan Canalejo, na Coruña, ou o de Ourense, pero agora o servizo será centralizado e maior.
«é un modelo que se empezou en Cataluña e estase instalando cada vez máis en máis comunidades -en Andalucía, onde o servizo é provincial, a empresa pontesa conseguiu tamén a adxudicación para Córdoba, Granada e Sevilla-, porque a compra e o almacenamento centralizados abaratan custos e optimizan recursos», explica Castro, que asegura que o seu traballo vai máis aló de fornecer material.
«Aparte do equipamento e a plataforma de vehículos e loxística, está a instalación de almacenillos en planta en todos os hospitais, con armarios intelixentes para os materiais máis caros, para dar control a toda a trazabilidad do produto», di. «é unha loxística integral con sistemas informáticos moi potentes e miles de referencias diarias que ten que funcionar como un reloxo suízo para que o servizo non quede sen mercancías, pero que tampouco teña un elevado stock», asegura, mentres destaca que ao concurso da Xunta presentáronse moitas e importantes empresas.
Instalacións
Para fornecer o material, a empresa deberá construír varios almacéns «capilares» na xeografía galega desde os que distribuír aos centros sanitarios. O proxecto do almacén principal, que se asentará en Negreira «pola súa localización para a optimización de recursos», está finalizado e a súa construción está fixada en seis meses.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios