RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

39

Sensacional o equipo de Terceira División que venceu en Abegondo ó complicado filial do Deportivo, por 1 gol a 2, co que da un paso adiante cara á súa complicada salvación. Comezou adiantandose o equipo pontés con dous goles de Hugo Soto (13´) e Chicho (31´). Tralo descanso os locais empataron no 49´ por medio do internacional español Iago Beceiro, e a pesar da expulsión de Sergio Arias a falta de 20 minutos para o final, incluida a de Lemos, os azuis aguantaron o resultado xogando con dez e sumaron tres puntos vitais, e agora mesmo sendo a situación aínda moi complicada situanse sextos pola cola con algo de marxe sobre os cinco últimos, sendo a día de hoxe seis descensos sumando o actual do Montañeros e o do CeltaB que segue a un punto da salvación. Somozas ten 34, Vilalonga e Dorneda 32, Racing de Ferrol 30, Negreira 29, Bergantiños 26, As Pontes 25, Estradense 21, Areas 19, Betanzos 17, Lalín 15 e Sanxenxo 13. Con tres feridos de guerra conta o As Pontes para o vindeiro encontro, Angeriz e Jordi, que se retiraron tocados, e Arias sancionado, para recibir ó Betanzos de Xoel nunha auténtica final. Xogaron Simón, Moncho, Fernando, Chote, Rochela, Angeriz (Jordi 23´ Dani 46´), Cata, Bossa, Chicho, Arias e Soto (Pablo 72´).
O Xuvenil B conseguiu unha gran victoria, por 0-1, ante o Narón BP, situandose oitavos con 17 puntos. Recibirán ó Portuarios o sábado que vén. Gol de Lucho.
O equipo cadete tamén gañou a domicilio, 1-5 ante o EF Galicia de Caranza. Situase terceiro, empatado a puntos co Narón BP, con 12, e a tres do Galicia de Caranza. Recibirán o vindeiro sábado ó Amistade de Meirás. Goles de Nahum (2), Alex F, Diego e Rey.
O equipo infantil goleou 11-1 ó Miño. Os de Iván Rodríguez escalan ata a séptima praza con 14 puntos acudindo a fin de semana o campo do Cadaval a xogar co Narón BP. Tres goles de Iago e Jandro, dous de Airton, e un de Jorge, Raquel e Josiño.
infantil_0001.jpg


infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
infantil_0001.jpg
O Alevín B perdeu 2-1 no seu desprazamento a Ferrol no que saiu derrotado 2-1 ante o Ánimas e non puido prolongar a súa racha triunfante. Décimos con nove puntos o vindeiro sábado reciben ó EFR Ferrol E, un posto e cinco puntos por diante. Gol de Germán.
O Benxamín A perdeu 9-0 ante o líder Racing San Pedro B, 13 victorias en 13 encontros. En plena etapa pirenaica reciben no Poboado o vindeiro sábado ó segundo clasificado, EFR Ferrol. Son séptimos con 19 puntos.
O Benxamín B perdeu 3-11 ante o terceiro clasificado, Caranza B. O próximo sábado xogan en Valdoviño ante o Meirás. Goles de Javi, Jandro e Joan.
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
benxamin_0001.jpg
O Prebenxamín A gañou 1-3 ó Caranza D escalando ata a quinta praza con 27 puntos. Reciben ó Rápido de Neda B a semana que ven.
O Prebenxamín B perdeu 1-5 ante o Eume Deportivo. Complicada visita ó líder Caranza B lles agarda a semana que ven. Gol de Sergio.
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
prebenxamin_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios