SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 1 PASTORIZA 1

47

Empate do equipo feminino no encontro disputado na mañá de hoxe no Campo Anexo Jose ante o cadro que marcha quinto clasificado, quedando catro xornadas para o remate da Liga.
Non foi un gran partido, o As Pontes afrontou o mesmo como ven sendo habitual coas xogadoras dispoñibles tendo en conta as continuas baixas coas que o adestrador nunca pode dispoñer de todo o plantel. O cadro visitante presentaba un equipo algo rexuvenecido en relación a anteriores visitas.
No minuto 30´ da primeira metade adiantaronse as visitantes por mediación de Cintia. Por parte locais resaltar un remate de Chipy contra o corpo da porteira (37´) e algunha que outra ocasión que se paseou pola área visitante, tamén no segundo tempo, nas que non se conseguiu sacar nada positivo.
Nun tedioso segundo tempo as azuis empataron o encontro tras un saque de córner en curto, centro á zona perigosa de Jani, e Carlota chegando desde atrás fai o 1-1. Undécimo gol no que vai de Liga e 27º na súa conta particular.
Pouco que reseñar no segundo tempo, a saída de Alba recuperada deulle algo de chispa e talento ó ataque pontés, mentres Jani estaba en tódalas partes, agora que ten que facer de dúas xogadoras ó mesmo tempo, polas visitantes perigosos contragolpes ben secados atrás coas de sempre, Silvia e Noelia, e nos laterais as pequenas Mireia e Andrea Pita. As visitantes tamén defendían o seu, en especial a número 5 Fani, que semellaba Beckembauer e tamén boa laboura da portería Uxía a pesar da súa extrema xuventude.
No 75´ Noelia non estivo atinada nunha falta perigosa ó borde da área provocada por un xogadón de Alba e no 86´ quedou Patri Rochela en posición franca pero tardou tanto en rematar que se lle botou a porteira enriba.
feminino_001.jpg


O vindeiro fin de semana o As Pontes visita á complicada Milagrosa, que vai na segunda posición, mentres que o cadro local é oitavo con 30 puntos.
Xogaron polas de Salido Leti, Mireia, Andrea Pita, Jani, Silvia, Noelia, Lía (Alba Barro 45´), Carla (Uxía 64´), Candela (Carmela 64´ Patri Rochela 79´), Carlota e Chipy (Laura Permuy 64´).
Polo cadro visitante Uxía, Natalia, Bego, Irene, Fani, Alba (Melanie 55´), Chus, Cintia, Noe, Noa e Vero (Manuela 81´).
Arbitrou o colexiado ferrolán García Villaverde, que xa estivo onte no encontro dos xuvenís de Liga Galega.
Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
feminino_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios