PARTIDO DE ADESTRAMENTO DE ALEX CABARCOS EN CORUXO

27

O futbolista pontés Alex Cabarcos ven de ser convocado nesta nova andaina da selección galega sub18 para o ano 2012, selección que xogará esta segunda fase en Galicia, probablemente en Ourense, contra a todopoderosa Cataluña, e tamén Aragón. A selección galega pasou a primeira fase con seis puntos, e necesitará sumar alomenos outros catro máis para colarse entre os catro mellores equipos semifinalistas.
Este mércores enfrontaranse nin máis nin menos que ó Coruxo FC de Segunda División B, no Campo de O Vao, a partires das 16:30.
alex.jpg


Para o encontro deste mércores van 13 dos futbolistas que xogaron o torneo no País Vasco coa reincorporación do porteiro internacional David Gómez que xa se recuperou da súa lesión e fará a competencia a Rubén Blanco, que ven de ser titular no España 5 Italia 1 sub17 da semana pasada, no que estiveron preseleccionados Daniel Iglesias e Jordán Domínguez. Van catro novos, David Goldar, Iago Real, Eloy Fariña e Brais Abelenda.
Tamén está convocado o lateral dereito-central Jonathan Castro do Celta, anque este xogador non poderá acudir á cita ó estar chamado ó mesmo tempo pola selección estatal sub18 para o 38º Torneo Internacional Atlántico no que España se enfrontará a Canarias, que sempre soe dar máis dunha sorpresa neste torneo, a perigosa Rusia, e Dinamarca, semifinalista no último europeo Sub17 no que España non puido estar tras un inexplicable sorteo da UEFA, que o emparellou, ó igual que este ano, con Inglaterra, sendo ambos os dous equipos con mellor coeficiente en categorías inferiores, situación que España revalidou gañando os Europeos Sub19 e Sub21.
Tamén van Sergio González e David Remeseiro do Racing e o xogador de Cedeira Alberto Rey.
Os convocados son:
RC Celta de Vigo: Rubén Blanco, David Goldar, Jose L Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey, Jonathan Castro*
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Jorge Callón, Juan Barros.
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos.
Pavillón Ourense: Alex Ocampo, Karim Herrero
Pontevedra CF: Brais Cancelas
Victoria CF: Iago Real
Santiago de Compostela: Brais Abelenda
Arousa SC: Eloy Fariña
Foto xentileza de Galicia de Caranza e Muchacalidad
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios