RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

95

O cadro de Calpita arrancou un empate na súa visita ó Somozas B (1-1). Non foi o mellor resultado pero hai que sacar a conclusión positiva de que o segundo equipo tense que agarrar a un cravo ardendo e ó feito de que, ó contrario que o equipo de Terceira e o Xuvenil da Galega que de momento teñen nin máis nin menos que seis descensos, nesta categoría, e anque Cariño e Eume andan renqueantes, de momento so hai dous, asi que os azuis situanse terceiros pola cola con 17 puntos, de momento mantendo a categoría, namentres que Barallobre con 16 e Valdoviño con 12 serían os descendidos. Nin que dicir ten que unha victoria ante o Ortigueira o vindeiro domingo sería un bálsamo.
Moi ben o xuvenil de Liga Galega que no seu desprazamento a Cervo venceu ó San Ciprián 1-2, e tendo a circunstancia actual dos seis descensos na categoría, dous naturais, e catro por arrastre de equipos do Norte da Liga Nacional, alonxa os postos de descenso en nove puntos, sitúanse séptimos con 31, a dez puntos da zona de ascenso que a marca o Vilalbés. Compostela semella garantir unha praza con 50 puntos, e pola outra loitarán Vilalbés (41), Caranza (39) e Ordes (39). Precisamente nun duelo comarcal o As Pontes recibirá ó Caranza o vindeiro sábado. Goles dos dianteiros Javi e Marcos Novo.
O equipo feminino perdeu 2-1 na súa visita ó segundo clasificado, Milagrosa, tanto de Yaiza. As de Salido quedan oitavas con 30 puntos recibindo dentro de dúas semanas ó colista San Tirso, que non será un rival doado, quedando apenas tres xornadas por disputar de Liga.
O segundo xuvenil gañou hoxe ó Portuarios por 4-1, que acabou con nove por un expulsado e un lesionado xa feitos todos os cambios anque iso non resta méritos ó triunfo dos de Javi, que marcaron por medio de Darío, que fixo dobrete, igual que hai un par de semanas, Alberto e Marcos. Son novenos con 20 puntos e a semana que ven visitan ó Meirás. Xogaron Jairo (Krikry), Esteban, Rubén, Gonza, Darío, Álvaro (Marcos), Galego (Pablo), Alberto, Tiny, Keko e Lucho.
xuvenil_b_001.jpg


xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
xuvenil_b_001.jpg
O As Pontes Cadete venceu 7-0 ó Amistade de Meirás, e continúa segundo, empatado a puntos co Narón BP (15), a tres do líder Galicia de Caranza. A semana que vén reciben ó cuarto clasificado, Numancia de Ares. Hat trick de Roberto, e un de Alberto, Caínzos, Iván e Brais.
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
O Alevín A, que non puido disputar o seu compromiso ante o Cariño a semana pasada, gañou 2-11 ó Caranza D. Descolgase o Eume B con 42 puntos, por 37 de Perlío e Amistade Meirás, e 36 do Caranza B. O As Pontes marcha quinto con 30 acudindo o sábado que ven a xogar contra o líder, que ten no seu debe o único traspés da tempada no Poboado (3-2). O outros 14 partidos contanos por victorias.
Moi ben o Alevín B que mantén a súa boa liña e venceu 3-2 ó EFR Ferrol E, e xa suman 4 victorias, 3 nas últimas semanas, e situanse décimos con 12 puntos antes de tomarse unha semana de descanso. Dous de Javi, e Jorge.
O Benxamín A deu unha moi boa imaxe a pesar de perder 2-4 co segundo clasificado EFR Ferrol. Van oitavos con 19 puntos visitando o sábado ó tamén compricado Galicia de Caranza. Tantos de Xan e Vicente.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
Gran victoria do Benxamín B a domiclio ante o Meirás (3-4), con catro goles de Joan, o que os leva a sumar a segunda victoria da tempada e a situarse undécimos con 6 puntos, deixando por atrás a O Val B e San Pedro, e o sábado que ven tentarán prolongar a racha recibindo ó Cedeira B que vai un punto por riba.
Gran victoria do Prebenxamín A ante o Rápido de Neda B por 4-1, o que os coloca quintos con 30 puntos, volvendo a recibir o próximo sábado Ó Val, que vai terceiro con tres puntos máis. Goles de Lois, Samuel, Xoel e Mario Fraga.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
O líder Caranza B gañou ó Prenbenxamín B por 10 goles a 1, equipo azul que ten oito puntos e o próximo sábado se despraza ata Cedeira. Tanto da honra de Iago.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios