TORNEO KAIAK POLO CONCELLO DE AS PONTES 2012

50

Esta primeira fin de semana de febreiro celebrouse na piscina municipal o Torneo de Kaiak Polo Concello de As Pontes.
Tratouse dunha especie de torneo de exhibición das categorías inferiores para facilitar e favorecer a introducción no mundo da competición ós máis novos, e meterles o gusanillo do Kaiak Polo no corpo, e contou con participación de alumnos das diversas escolas deportivas do Concello de As Pontes, que estivo representado pola técnica de deportes, Ana Alonso.
Nun torneo que abarcou a xornada do sábado, entre mañá e tarde, desde as gradas, o ex mundialista, actual adestrador da selección española, Carlos Mieres, ou o ex adestrador Campión do Mundo en 2004 coa selección española sub21, Roberto Rivera, puideron seguir as evolucións dos máis pequenos.
O Copacabana de Ferrol copou os tres podios. Na categoría absoluta venceu o Copacabana A seguido do Grupo Xuvenil e do Copacabana B. Na categoría Sub21 triunfou dos ferroláns por diante de Grupo Xuvenil e Folixa. Xa na categoría dos máis novos, Alevín Sub12, os dous equipos do Copacabana desputaron o título, caendo do lado do A, terceiro foi o Xuvenil, cuarto o Folixa e quinto o Xuvenil Feminino.
kaiak_polo_001.jpg


kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
kaiak_polo_001.jpg
Nova cortesía de A.F., Carlos Mieres e Xose Ferreiro.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios