AS PONTES, FÚTBOL-7 DE VETERANOS: CAMPIONATO DE LIGA 2011/12

133

Sorpresa na décimo quinta xornada da liga de veteranos de As Pontes co empate de A Cepa, equipo situado na zona media da clasificación, ante o líder Mobles Eume, nun partido que a piques estiveron a punto de gañar os da Cepa, pero in extremis os mobleiros salvaron un punto.
O mesmo empate a dous goles rexistrouse nos encontros As Pontes 74-Santaballés e Maren-C. Guerreiro. Vitoria pola mínima (3-2) de La Galaxia sobre Xuntanza e goleada (4-0) do segundo clasificado, Farmavida, sobre o pechacancelas MMYPEM.
Na clasificación continúa na primeira posición Mobles Eume, con 36 puntos. A continuación está Farmavida, con 32 puntos. Seguen Santaballés (27), Construcións Guerreiro (25), As Pontes 74 (24), Cafetería Bahía (21), La Galaxia (18), A Cepa (12), Xuntanza (8), Maren (4) e MMYPEM (3).
Na clasificación de goleadores, segue primeiro Juancar (C. Guerreiro), con 17 goles. En segunda posición están Iván (Santaballés) e Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados. Con nove, Fernández (A Cepa), con oito, Pepe (Mobles Eume) e con sete tantos marcados, Roca e Luis (As Pontes 74).
En canto ó trofeo Zamora, é primeiro Marcelino (M. Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Enrique (C. Guerreiro) e Peruzzi (C. Bahía).
veteranos_001.jpg

15ª XORNADA (4/5-Febreiro-2012)

M. Eume – A Cepa (2-2)
Xuntanza – La Galaxia (2-3)
As Pontes 74 – Santaballés (2-2)
MMYPEM – Farmavida (0-4)
Maren – C. Guerreiro (2-2)
Descansou: Cafetería Bahía

16ª XORNADA (11/12-Febreiro-2012)

A Cepa – Xuntanza (11, 19:00)
C. Guerreiro – C. Bahía (11, 20:00)
Santaballés – Maren (12, 10:00)
Farmavida – As Pontes 74 (12, 11:00)
La Galaxia – MMYPEM (12, 12:00)
Descansa: Mobles Eume

veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios