As oficinas de emprego das Pontes e Melide estrean un servizo de cita previa

58

Os cidadáns que necesiten solicitar ou xestionar algunha prestación nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (Sepe) disporán a partir desta semana dun novo servizo de cita previa en todas as oficinas da provincia da Coruña, incluída a de Melide.


A Subdelegación do Goberno na Coruña informa de que este servizo entrará en funcionamento o día 16 de febreiro, pero os cidadáns xa poderán solicitar citas para ese día desde este luns.
En concreto, son catorce as oficinas que se beneficiarán desta vantaxe: Coruña Monelos, Coruña Centro, Coruña Tornos, Santiago Centro, Santiago Norte, Ferrol Centro, Ferrol Esteiro, Betanzos, Boiro, Carballo, Cee, As Pontes, Ordes e Melide.
A partir da data de entrada en funcionamento este será o único sistema para ser atendidos nas oficinas de prestacións, de modo que se busca facilitar a organización da actividade diaria do persoal do Sepe e, consecuentemente, incrementar a eficiencia na atención ao cidadán.
A través deste sistema, o usuario poderá acceder de forma máis áxil á solicitude de citas relacionadas con servizos de información e tramitación sobre a protección por desemprego: prestacións e subsidios, renda activa de inserción (RAI), maiores de 52 anos ou axudas como o programa de recualificación profesional.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios