SEGUNDA REXIONAL: CD AS PONTES 1 FC ORTIGUEIRA 1

31

Reparto de puntos no encontro disputado hoxe á tarde no Campo Anexo Jose, nunha tarde tan soleada e de tanto frío polar coma a de onte.
Necesitaban os tres puntos os de Calpita e adiantaronse por medio do habilidoso Fernando pero os visitantes empataban antes de chegar ó descanso.
No segundo tempo a dicir verdade por momentos os visitantes embotellaron ós locais, anque claramente so se prantaron tres veces ante Juan e por fortuna non estiveron atinados e o balón acabou fora. Con todo o As Pontes saía en perigosas contras como no 70´ Borja ou no 81´Púas, que en boa posición remataron pero detivo o gardamallas.
Aínda así o As Pontes puidose quedar cos tres puntos en dúas clarísimas ocasións nos últimos instantes de Borja en boca de gol, que unha foise por riba so e co porteiro descolocado e a outra no último segundo que atallou o porteiro.
segunda_rexional-001.jpg


Tendo en conta a actual situación de Eume e Cariño, antepenúltimo e penúltimo clasificados de Primeira Autonómica, co Cee último moi alonxado, polo menos habería un descenso por arrastre, e nesta Segunda Rexional baixarían tres, confiando en que se salve o Mugardos de Carballeira, Vicente e Rouco na Rexional Preferente.
Asi que agora hai tres descensos moi claros que son As Pontes (18), Barallobre (16) e Valdoviño (12), e os únicos rivais alcanzables de aqui a final de tempada serán A Capela e Somozas B que teñen 24, Neda e San Sadurniño 23, e Narón BP B que ten 22 así que haberá que seguir loitando.
O domingo que ven haberá que intentar conquerir os tres puntos na compricada visita ó gran rival do ano pasado, Galicia de Caranza.
Xogou Calpita con Juan, Antón, Alex Antón, Carlos, Fran, Donapetry, Pellón (Hugo Cascudo 60´), Danilo (Hugo Gegúndez 60´), Borja, Fernando e Púas
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
segunda_rexional-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios