TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA: CD RECECENDE – O ESTEO FS (2-2)

98

Empate do Esteo (2-2) na casa do Rececende na derradeira xornada da liga regular de Terceira División de fútbol sala. O polideportivo municipal da Pontenova rexistrou unha frouxa entrada, medio cento de afeccionados nas gradas..
Nun partido de trámite, o Esteo sacou un punto na súa visita a A Pontenova. Ó final dos corenta minutos o resultado foi de empate a dous goles. Os ponteses fixeron un bo partido, pero non souberon aproveitar as moitas ocasións de gol que tiveron ó longo do encontro. O primeiro gol tardou en chegar. Sería no minuto dezaseis por mediación de Chavo, resultado co que se chegou ó descanso. Ós once minutos do segundo tempo empataron os locais por mediación Girón e un minuto despois Pelu volvía a poñer por diante ós ponteses. Sen embargo, a falta de seis minutos para o remate Diego estableceu o empate definitivo a dous goles.
O Esteo logrou o título de liga clasificándose para a fase de ascenso xunto a Trabada, Ribeira de Piquin e o propio Rececende. No grupo sur primeiro foi o Mosteiro Bembrive (Vigo), seguido de Pazos de Borbén, Vilamartin e Bueu. Os oito equipos disputarán a fase de ascenso á Segunda División B por sistema de liga a dobre volta, competición que comeza o 25 de febreiro. Ascenderá o primeiro clasificado.
esteo.jpg


CD RECECENDE: Juanmi, Eric, Edu, Girón, Pablo –cinco inicial- Diego e Javi.
O ESTEO FS: Niceto, Pelu, Anxo, Chavo, Fran –cinco inicial- Pellón, Gerveno, Diego e Choto.
ÁRBITROS: Bello Castro e Corral Martinez, de Lugo. Amoestaron a Girón e Anxo.
GOLES: Min. 16 (0-1), Chavo. Min. 31 (1-1), Girón. Min. 32 (1-2), Pelu. Min. 34 (2-2), Diego.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios