AS PONTES, FÚTBOL-7 DE VETERANOS: CAMPIONATO DE LIGA 2011/12 (16ª Xornada)

88

O conxunto de Farmavida non desperdiciou a oportunidade de achegarse ó líder da categoría, Mobles Eume, que nesta xornada descansou. Os “farmacéuticos” non tiveron demasiados problemas para impoñerse a As Pontes 74 por dous goles a cero e agora sitúanse a un só punto de Mobles Eume, aínda que cun partido máis.
Goleadas de La Galaxia (6-0) e de Santaballés (4-1) sobre MMYPEM e Maren, os dous últimos clasificados. Empates entre A Cepa e Xuntanza (2-2) e C. Guerreiro e C. Bahía (1-1) nos outros dous partidos da décimo sexta xornada de liga disputada a pasada fin de semana nas instalacións deportivas do campo do Poboado.
A clasificación está encabezada Mobles Eume, con 36 puntos. A continuación está Farmavida, con 35 puntos e un partido máis. Seguen Santaballés (30), Construcións Guerreiro (26), As Pontes 74 (24), Cafetería Bahía (22), La Galaxia (21), A Cepa (13), Xuntanza (9) e pechan a clasificación Maren, con catro puntos, e MMYPEM con tres.
Na clasificación de goleadores, segue primeiro Juancar (C. Guerreiro), con 17 goles. En segunda posición están Iván (Santaballés) e Michel (C. Guerreiro), con 14 tantos marcados. Con nove, Fernández (A Cepa), con oito, Pepe (Mobles Eume) e con sete tantos marcados, Roca e Luis (As Pontes 74).
En canto ó trofeo Zamora, é primeiro Marcelino (M. Eume), seguido de Santi (Santaballés), Luis (Farmavida), Enrique (C. Guerreiro) e Peruzzi (C. Bahía).
A vindeira fin de semana non hai competición recomezándose o 25 e 26 de febreiro coa disputa da décimo sétima xornada.
veteranos_001.jpg

16ª XORNADA (11/12-Febreiro-2012)

A Cepa – Xuntanza (2-2)
C. Guerreiro – C. Bahía (1-1)
Santaballés – Maren (4-1)
Farmavida – As Pontes 74 (2-0)
La Galaxia – MMYPEM (6-0)
Descansou: Mobles Eume

17ª XORNADA (25/26-Febreiro-2012)

As Pontes 74 – La Galaxia (25, 19:00)
Xuntanza – M. Eume (25, 20:00)
C. Bahía – Santaballés (26, 10:00)
MMYPEM – A Cepa (26, 11:00)
Maren – Farmavida (26, 12:00)
Descansa: C. Guerreiro

veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
veteranos_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios