As Pontes impulsa a zona rural coa Festa do Freixó

44

[El Progreso] O Concello das Pontes, en colaboración coa asociación de veciños da parroquia do Freixo, inicia os preparativos para celebrar o primeiro sábado de marzo, día 3, a primeira Festa do Freixó, unha nova cita gastronómica que nace baixo un xogo de palabras co obxectivo de impulsar a zona rural.


«No centro urbano xa se celebra a Feira do Grelo e a dos cogomelos e cogumelos e en Goente desde hai uns anos organízase a Festa do Mel e do Queixo da Faeira. Faltaba unha festa para as parroquias de arriba, as do norte do concello, e así xurdiu desde o Concello a idea de facer a Festa do Freixó no Freixo», explica o edil pontés de Medio Rural, Antonio Castro, que destaca o traballo da asociación para organizar esta nova cita monográfica.
«A parroquia do Freixo foi a máis grande de toda Galicia ata finais do século XIX e chegou a ter case mil habitantes censados», explica Castro. Hoxe, a pesar de ser aínda a maior parroquia en superficie do concello das Pontes, O Freixo conta con pouco máis dunha vintena de casas habitadas en total.
A nova cita gastronómica prevé multiplicar o número de veciños e reunir a ao redor de 400 comensais, que degustarán cocido e freixós con nata, mel ou chocolate e requesón a partir das 14.30 horas na carpa que instalará o Concello no campo da festa, nas proximidades da igrexa.
O menú, por 15 euros por persoa, pode reservarse ata o xoves 26 deste mes no bar A Cepa, das Pontes, ou en casa Ramil, do Freixo, así como no teléfono da presidenta da asociación, o 686.56.23.53.
Programa
Ademais da comida degustación, a I Festa do Freixó contará con varias actuacións musicais, o Dúo Horizonte na sesión vermú e o grupo Maracuyá pola noite. Tamén haberá unha mostra de artesanía con traballos en vivo dos torneiros e unha exposición de produtos típicos da zona, como o mel ou queixo do Eume. Ademais a partir das 21.00 horas haberá un baile de Entroido con premios para os mellores disfraces e ás 21.00 horas se rifará unha cesta de produtos.
freixo.JPG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios