SEGUNDA AUTONÓMICA FEMININA: CD AS PONTES 4 SAN TIRSO 1

46

Victoria do equipo feminino adestrado por Salido no encontro disputado na tarde fría e nubrada de hoxe no Campo Anexo Jose correspondente á 24ª xornada. Quedanlle ás azuis visitar Ourense por primeira vez en partido oficial pra xogar co Rúa e rematar a Liga en casa contra o Tordoia. Suman 33 puntos en 22 encontros.
Durante a primeira metade nos primeiros minutos puido adiantarse o As Pontes en varias ocasións, pero foi en dez minutos cando sentenciaron o partido. No 25´ nun balón dividido, adiantase Alba, que con todo o seu talento define de tiro cruzado e colocado ante a saída da porteira. Cinco minutos máis tarde, gran pase en profundidade da todo terreo Lara, digno de Primeira División, Carlota queda soa, rexeita a porteira en primeira instancia, pero marca a sensacional extremo no segundo, o seu 12º tanto da tempada, 28º no As Pontes. No 35´ foi Yaiza quen lle rouba o balón á defensa e a multiusos da galega prantase ante a saída de Ainara e marca pola escadra.
Con ese resultado chegouse ó descanso, o equipo azul fixo moitos cambios de medio pra arriba e os segundos 45 minutos foron máis mornos. As visitantes marcaron o tanto da honra e meteron o medo no corpo por un intre, tras marcar Patri cun gran tiro de penalti, sinalado de forma rigurosa por unha man de Noelia dentro da área.
Pero foi no minuto 90´cando se firmaba a sentencia, tras un tiro da debutante Paula Castro, que no intento de despexe rebotou en dúas defensas visitantes e acabou entrando.
aspontes_f_001.jpg


Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/
CD As Pontes. Leti, Yaiza (Candela 45´), Andrea Pita, Jani, Silvia (Laura Permuy 55´), Noelia, Patri Rochela, Alba (Chipy 45´), Mireia, Carlota (Paula Castro 45´) e Lara (Carla 45´).
San Tirso. Ainara, Melissa (Lorena 62´), Débora, Ángela, Ceci, Patri, Yessi, Bibi, Begoña (Cati 69´), Bergan, Paloma.
Goles: 1-0, Alba (25´), 2-0, Carlota (30´), 3-0, Yaiza (35´). 3-1, Patri (70´), 4-1, Bergan, p.p. (90´).
Campo e incidencias: Campo Anexo Jose. Uns 50 espectadores, en pleno Entroido pontés, entre eles o campionísimo de Europa Borja Prieto.
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
aspontes_f_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios