ALEX CABARCOS EN ARTEIXO

53

O futbolista pontés Alex Cabarcos ven de ser convocado a un novo partido de preparación da selección galega sub18, que se levará a cabo mañá no Campo Municipal Ponte dos Brozos, nun enfrontamento contra un combinado de Mariñas-Arteixo, que se desputará ás 10:30.


A selección galega xogou anteriormente neste 2012 dous encontros ante equipos de 2ª B, en ambos casos con derrota por 2 a 1 ante o Coruxo e o Celta B.
Destaca a convocatoria por primeira vez neste ciclo sub18 do ex internacional español sub16 e sub17, o dianteiro deportivista Denis López.
O xogador celtico Jonathan Castro, flamante gañador do Torneo Internacional do Atlántico Sub18 con España veu premiado a súa andaina coa convocatoria ós adestramentos da selección española sub19, a semana pasada, cun ano menos, aínda sendo por ausencia dalgún compañeiro.
Non estará o porteiro olívico Rubén Blanco, que esta semana disputa dous amistosos en Bulgaria coa selección española sub17 preparatorios pra a decisiva Fase de Clasificación ó Europeo Sub17 a desputar en marzo, onde unha vez máis, incomprensiblemente, os dous países con mellor coeficiente, Inglaterra e España, quedaron encadrados no mesmo grupo, xunto a Ucraina e Xeorxia, país anfitrión.
Os futbolistas convocados son:
RC Celta de Vigo: Jonathan Castro, David Goldar, Jose L. Varela, Jordán Domínguez, Alberto Rey
RC Deportivo de A Coruña: David Gómez, Jorge Callón, Denis López
Racing Club de Ferrol: David Remeseiro, Sergio González, Alex Cabarcos
Pavillón Ourense: Karim Herrero, Alex Ocampo
Pontevedra CF: Brais Cancelas
Santiago de Compostela: Brais Abelenda
ED Val Miñor: Marcos González
Arousa SC: Eloy Fariña
Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios