LIGA GALEGA DE RUGBI: FENDETESTAS – SANTIAGO (19-24)

71

O Fendetestas caeu na casa co C. R. Santiago, nun partido no que regalou a primeira parte. En vinte desastrosos minutos, os locais encaixaban os 24 puntos en tres ensaios transformados e u drop nunha autentica desfeita defensiva.
Os santiagueses imprimiron un ritmo que sorprendeu ós da casa, que saíron durmidos e atopáronse co partido sentenciado moi axiña. Ata o treito final da primeira parte non reaccionaban os verdes, que acadaron a súa primeira marca minutos antes de irse ós vestiarios. Na segunda parte o tempo xa non chegou para unha remontada que se rozou con mais corazón que cabeza.
Xogouse sempre en campo visitante, pero eran demasiados metros para gañar, e cando se perdía o balón había que volver comezar dende atrás. Os santiagueses renunciaron a posesión e sacrificáronse en labores defensivas para xogar enviando co pe o balón a campo rival.
Malia todo, aínda quedaban 10 minutos cando o Fendetestas facía o seu terceiro ensaio e se quedaba ás portas de poñerse por diante. Aí pagaría caros os problemas nas fases estáticas, que aproveitaron os composteláns para deter cada acometida retomando a disputa.
O mellor foi o debú de Diego nun equipo que segue incorporando xogadores novos coa vista xa máis longo prazo que esta liga.
Xogaron polo Fendetestas: Moncho, Lois, Tonho, Rayito, Gallardo, Rafa, Anton, Miguel, Kiko, Huesy, Álvaro, Robert, Borja, Pablo, e Iago. Posteriormente entraron Diego e Ledo. Na vindeira xornada o Fendetestas xoga na casa do Pontevedra RC.
fendetestas_001.jpg


fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
fendetestas_001.jpg
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios