MALENA MIERES GARCÍA, CONVOCADA POLA SELECCIÓN GALEGA ALEVÍN DE FÚTBOL-8

811

malena.jpgA futbolista pontesa Malena, xogadora do equipo Alevín A do CD As Pontes, adestrado por Fontao, que actualmente ocupa unha meritoria quinta praza na Liga, foi chamada polos seleccionadores galegos pra un adestramento que terá lugar mañá mércores 22, ás 16:15 horas, no Campo de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, coa selección feminina alevín.
Os seleccionadores galegos desta categoría, na súa intención de coñecer o maior número de futbolistas posibles fixeron unha primeira convocatoria de ata 55 xogadoras, distribuidas en dous adestramentos por zona, a zona sur, que abarca Pontevedra e Ourense, e a zona norte, A Coruña e Lugo.
Malena (29-3-2000) pode xogar tanto de dianteira como de porteira e na tempada 2007-2008 conquistou o título de Liga de Ferrol Prebenxamín xunto ó resto dos seus compañeiros nun emocionante final con empate a 45 puntos co Eume, con victoria no goal average particular, pois ambos equipos gañaron todos os seus encontros menos un, e foi decisivo o 2-1 en Pontedeume e o 3-0 en As Pontes, cun tanto seu moi importante na victoria máis axustada deste equipo, 2-1, ante o EFR Ferrol E o 26-1-2008.
A afección polo deporte venlle de familia, os seus proxenitores foron gañadores do Descenso Internacional do Sella, a súa nai por partida dobre, e o seu tío Carlos, amén de ser mundialista é o actual adestrador da selección española de Kaiak Polo. Tamén o seu tío Felipe foi adestrador do CD As Pontes e o seu tío Andrés piraguista.
Van catro xogadoras do Cedeira, que ten equipo alevín feminino propio, dúas do Caranza, e dúas do Cariño.


Todas as convocadas son:
Adestramento Zona Norte, Santiago, Mércores 22, 16:15.
Orzán SD: Paula Arijón, Carolina Brañas, Natalia Gómez, Andrea Merino
Cedeira SD: Alicia Rey, Sara Aneiros, Antía Villar, Ariadna Lorenzo
SCD Milagrosa: Esther Castedo, María López, Lucía Pardo, Irene Rebolo
UD Bastavales: Carmen Trigo, Andrea Roo, Rosalía Sambade
Galicia Caranza CF: Antía Delgado, Paula Rey
CD Cariño: María Corral, Laura Martínez
SCD Pastoriza: Alba García, Lucía Muñiz
SD Cacheiras: Naiara Kraaij, Lidia García
Praíña Sporting Club: María Riveira, Andrea Vego
CD As Pontes: Malena Mieres
Once Caballeros CF: Ana Gómez
Torre SD: Cristina Mouriño
Salesianos CF: Rosalía Muíño
C.Franciscanos Lugo: Marta López
ED Val do Ulla: Navia Rendo
Adestramento Zona Sur, Vigo, Luns 20, 17:45
Cultural Areas CF: Carla Carballo, Marta Carballo
AD Vila de Corpus: Sara Deben, Inés Faro
Vilagarcía SD: Andrea Santiago
AJ Lérez: Teresa Abilleira
UD Santa Mariña: Laura Vázquez
CD Teis: Lara Martínez
ED Val Miñor: Andrea Álvarez
Atlético Cuntis: Yasmina Ríos
CD Ribadumia: Monica Padín
Marcón Atlético: Yolanda Martínez
CD Pontearnelas: Laura Gómez
Armenteira CF: Eva López
AD Arousa: Antía González
San Martín CF: Cristina Feijóo
ED Poio: Carolina Agulla
CD Campolameiro: Arantxa Miras
Rápido de Bouzas: Lisa Paulovici
Mondariz CF: Antía Fernández
UD Ribera: Carla Lorenzo
Arbo CF: Adriana Pérez
Arenas La Base: María Piñeiro
Independiente CF: Judith Barcia
Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios