PRIMEIRA AUTONÓMICA INFANTIL: NARÓN BP PIÑEIROS – C.D. AS PONTES (1-1)

83

Quen non acaba de collerlle o ritmo á competición é o conxunto infantil, que en partido aprazado xogado este luns no campo do Cadaval non pasou do empate a un gol (tanto de José Luis) ante o Narón BP Piñeiros.
Mal partido dos ponteses que continúan na metade da clasificación con dezaoito puntos, a outros tantos do intratable líder, Portuarios, conxunto que gañou os doce partidos disputados. Na vindeira xornada, décimo quinta, o As Pontes visita ó Perlío, terceiro clasificado.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios