LIGA GALEGA XUVENIL: CD AS PONTES 6 BREXO LEMA 0

51

Victoria contundente do equipo xuvenil de Liga Galega adestrado por Carballo que na mañá de hoxe se impuxo no Campo do Poboado ó Brexo Lema, de Cambre, por 6 goles a 0.
No último cuarto de hora da primeira metade sentenciaban os azuis o encontro con tres goles de Gogas (36´), Marcos Novo (40´) e Javi (43´), redondeando o tanteador no segundo acto, Borja de penalti (48´), Javi, coa colaboración da defensa (52´) e o ex xogador do Caranza Villar (70´).
Pouco máis se pode dicir do encontro, do que xa de por si reflicte o marcador, incluso o As Pontes puido anotar algún gol máis, como un tiro ó poste de Javi, que o posterior rexeite o introduciu Borja no fondo das mallas pero o colexiado declarou fora de xogo.
A resaltar o debut de Darío, que está a realizar unha gran campaña na Liga Comarcal, no lateral dereito.
O As Pontes, á espera de que se xoguen o resto dos encontros da xornada, escala ata a oitava posición con 36 puntos, alonxando en 11 os postos de abaixo, e a 7 do Ordes que marca a criba do ascenso momentáneamente.
Complicada visita a semana que ven a Lugo pra xogar co Residencia, equipo que está pelexando polos prazas de ascenso e ademáis perdeu 6-0 no Poboado na primeira volta asi que tentarán tomarse a cumprida revancha. Dentro de dúas semanas será o intratable líder Compostela o que visite o terreo pontés.
xuvenil_001.jpg


Xogaron polos locais, Reina, Darío (Santalla 69´), Rubén, Totti, Marcos Otero, Beto (Gonza 62´), Marcos Novo, Villar, Javi (Sergio Criado 62´), Borja e Gogas.
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios