RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

60

O fin de semana resultou tráxico e o equipo de Terceira División superou a liña da paciencia, sen entrar en outros detalles futbolísticos ó longo da sufrida tempada, nos últimos tres encontros perderonse cinco puntos nos últimos minutos, no desconto ante o Betanzos, no 85´ empate do Sanxenxo, e no 87´empate do Somozas. Pero o de hoxe rizou o rizo e tras adiantarse con gol de Dani, os de Dorneda empataron no 89´ e gañaron no 90´ de penalti, celebrando a súa virtual salvación, e a paciencia da espartana afección pontesa comeza a esgotarse, xa que sufren decepcións xornada tras xornada. Durante a semana agardanse reaccións, reunión urxente de socios, ou tan sequera algún tipo de explicación, pero o panorama a falta de once xornadas non pode ser máis desolador pra un equipo do que se dixo que ía acabar entre os primeiros ou tan sequera non ía ter problemas pra salvarse. No tocante ó meramente estadístico o Celta B e o Montañeros esta semana fixeron os deberes que non fixo o As Pontes e abrese un mínimo de esperanza na Segunda B pra os galegos. Á espera da visita neste primeiro fin de semana de Marzo do todopodero Pontevedra ó Poboado, o equipo azul queda en situación crítica cos rivais de atrás azuzando, e o as Pontes perdendo 8 dos últimos 12 puntos nos derradeiros minutos. Negreira ten 32, un agradecido Bergantiños ten 30, As Pontes e Estradense 27, Areas 24, Betanzos 23, Lalín 22 e Sanxenxo 20. Agardemos que este vindeiro domingo despois do enésimo intento se consigan lograr por fin os tres puntos que son mortais de necesidade, non queda outra, pero unha semana máis o As Pontes deixa coas lágrimas nos ollos e unha rabia inmensa a uns afeccionados que non o merecen.
Sensacional o equipo feminino de Salido que gañou 0-6 na Rúa. Adiantaron ó equipo na primeira metade Clara e Lía, e no segundo tempo redondearon o tanteador Carlota, Yaiza, Silvia e Patri Rochela. Xa suman 36 puntos á espera de xogar a última xornada en casa contra o complicadísimo equipo do Tordoia. (Máis información ó longo da semana en http://aspontesenfeminino.wordpress.com).
O segundo equipo xuvenil perdeu co terceiro clasificado Perlío por 3 a 2, tantos de Saviola e Lucho. Oitavos con 24 puntos reciben a próxima semana nin máis nin menos que ó Caranza B que lle está pelexando o título ó Val, e marchan líderes tras gañarlles hoxe 4-2.
Victoria apretada pero tres puntos ó fin e o cabo do cadete ante o Racing San Pedro (2-0), tantos de Brais Blanco e Diego nunha Liga que segue a mesma tónica de anteriores xornadas, Caranza 27, As Pontes 24 e Narón BP 21. O derradeiro clasificado Miño visita o Poboado a vindeira xornada no comezo da segunda volta.
cadete_001.jpg


cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Derrota contundente (6-2) do infantil en Fene ante o Perlío. Séptimos con 17 puntos descansarán a semana que ven por retirada da competición do Barallobre. Marcaron Andrés e Adrián pra os de Iván Rodríguez que fallaron un penalti.
O Alevín A gañou 1-6 ó Val B, goles de Bruno (2), Chema, Malena, Eloy e Sergio Otero, o que unido á victoria entre semana contra o Cariño (10-2) faille apuntalar a quinta posición con 36 puntos. O intratable Eume B (51), que goleu, excesivamente para estas idades, 1-23 ó Meirás, e o Perlío (46) como única alternativa tralos tropezos de Amistade de Meirás e Caranza B.
Un ciclón chamado Portuarios pasou por As Pontes, e o Alevín B deu boa fe delo (0-11). Os ferroláns contan por goleadas todos os seus encontros, 17, e os azuis deben pasar páxina e centrarse no se próximo rival, O Val, que tamén resultará tarefa difícil pois marcha terceiro con tan so 8 puntos perdidos en 17 encontros.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Victoria do Benxamín A ante o Amistade de Meirás (2-4), tantos de Xoel Pena (2), Xabi e Nono, que os sitúa na séptima posición con 26 puntos, recibindo en casa ó cuarto clasificado, O Val, que marcha seis puntos por riba, o vindeiro sábado.
Outro vendaval pasou polo Poboado este sábado, e o Benxamín B perdeu 0-7 ante o líder Ánimas. O Portuarios, en Ferrol, será o vindeiro rival pra os azuis que teñen seis puntos.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
Derrota dolorosa do Prebenxamín A (0-1) ante o Portuarios, nun encontro no que os ponteses puxeron as ocasións e os ferroláns o gol. Quintos con 33 puntos visitarán ó sábado ó sempre complicado Perlío.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 5-1 en Miño, e tras sete derrotas consecutivoas tentarán buscar a victoria o vindeiro sábado no Poboado ante o Narón BP B que aínda non sumou ningún punto. Tanto da honra de Anxo Rey.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios