3ª DIVISIÓN DE FÚTBOL SALA (Fase de ascenso): O ESTEO F.S. – CONCELLO DE TRABADA (2-2)

68

Revés do Esteo na primeira xornada da fase de ascenso á Segunda B ó empatar a dous goles na casa diante do Concello de Trabada, equipo que ó descanso gañaba por 1-2. Uns 300 espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga na mañá do domingo.
Cun empate na casa o Esteo comezou a fase de ascenso á Segunda División B ante un correúdo e loitador Trabada nun partido que dominaron máis os locais ante o cadro lugués que se defendeu ben. As ocasións de gol foron para os ponteses, sen embargo, nun perda de balón chegou o primeiro gol visitante por mediación de Antón. Tres minutos máis tarde empataría Anxo, que acababa de entrar na pista. Novamente volven a poñerse por diante os visitantes por obra de Xoel, resultado co que se chegaría ó descanso. Na segunda parte o Esteo saíu decidido a polo partido presionando moi arriba e creando ocasións para marcar. Puido empatar o encontro nada máis comezar o segundo tempo nun penalti lanzado por Rubi que rexeitou o meta Javi. Posteriormente os árbitros non aplicaron a lei da vantaxe anulando un tanto do Esteo e sinalando unha falta ó borde da área. A falta de tres minutos o Esteo saca a Gerardo como porteiro-xogador e nun rápido contragolpe pola dereita, a falta de dezaseis segundos, Rubi nunha difícil posición marca de vaselina, balón que tocou de cabeza Pelu, pero o esférico xa estaba dentro da portería visitante. Na vindeira xornada o Esteo xoga na Pontenova diante do Rececende.
esteo_001.jpg


O ESTEO FS: Choto, Pellón, Fran, Gerardo, Rubí –cinco inicial- Anxo, Pelu, Gerveno, Chavo e Diego.
CONCELLO DE TRABADA: Ismail, Juchi, Maitin, Bruno Nois, Mario –cinco inicial- Adrián, Antón, Vijander, Borja, Xoel e Javi.
ÁRBITROS: Regular arbitraxe dos santiagueses Presedo García e Varela Señarís. Amoestaron ós locais Anxo, Gerardo e Rubi.
GOLES: Min. 3 (0-1), Antón. Min. 6 (1-1), Anxo. Min. 17 (1-2). Xoel. Min. 39’44” (2-2), Rubi.
OUTROS RESULTADOS
Vilamartín – M. Bembrive (2-3)
Ribeira de Piquín – Bueu (3-3)
Pazos de Borbén – Rececende (5-3)
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
esteo_001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios