O Conservatorio de As Pontes estrea lugar na Internet

80

[RTVEume] O Conservatorio de Música Profesional das Pontes está de estrea. Toda a súa oferta formativa, as novas do centro, a organización, e os seus proxectos poden consultarse a través do recén creado portal electrónico conservatorio.aspontes.org, a súa páxina web oficial. Esta web de contido unicamente educativo, pertencente ao Concello das Pontes pretende cumprir cun dobre obxectivo, por unha banda servir como vía de promoción do centro e por outra exercer como vínculo entre os membros da comunidade escolar. No Conservatorio de Música Profesional das Pontes impártense ensinanzas de grao elemental e profesional de ata doce especialidades, clarinete, frauta traveseira, guitarra, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba-bombardino, violín, e violoncello. Unha relación que se completa coa oferta de prazas nas especialidades de contrabaixo e viola, e con clases de iniciación á música para nenos e nenas dende os tres anos. O Centro dispón de biblioteca, seis cabinas de estudo para uso dos estudantes, aula polivalente, aulas para cada unha das especialidades e ofrece tamén aos seus alumnos e alumnas servizo de préstamo de instrumentos. Precisamente para aqueles estudantes que inicien a súa formación musical e que sempre poden acollerse a este servizo de empréstito, dende a páxina web pódense tamén descargar modelos de solicitude, e incluso de certificado de estudos. A páxina web complétase cunha axenda na que se poden consultar as actividades e datas de importancia para o centro, e mailos eventos destacados. Anoten pois conservatorio.aspontes.org, como páxina de referencia para calquera información relacionada co centro de formación musical da nosa localidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios