CAMPIONATO GALEGO INFANTIL DE TAEKWONDO AS PONTES 2012

146

Catro deportistas ponteses que forman parte do Moo Duk Kwan de Vilalba conseguiron medalla no campionato galego infantil que se celebrou este sábado pasado no pavillón municipal da Fraga das Pontes, e no que participaron máis de 200 taekwondistas de distintos clubes de Galicia. A organización estivo a cargo do Club Moo Duk Kwan e a Federación Galega de Taekwondo, contando co patrocinio de varios organismos institucionais, entre eles o concello das Pontes.
Na categoría minipluma (-46 Kgs), Uxía Rodríguez impúxose no combate final á súa compañeira Beatriz Felpeto logrando un ouro e una prata.
Na categoría minimosca (-32 Kgs) Gabriel Tembrás impúxose na final a Brais Castro e conseguiu a medalla de ouro, e en minimosca (-34 Kgs), María Prieto perdeu no último combate ante Iria Rodríguez, de Riveira, conseguindo a prata.
Tamén Iago Rodríguez e Silvia García quedaron cuartos na categoría de minigalo.
Por equipos, na categoría B, impuxose en masculino o conxunto de Taekanart, por diante de Neka e Mace-Sport, mentres que en feminino o vencedor foi Patiño, por diante do propio Moo Duk Kwan e de Riveira.
Na categoría A vitoria para Mace-Sport, seguido de Maniotas e Sada en masculino, namentres que en feminino volveu gañar Patiño, quedando por diante de Garrapucho e Riveira.
taekwondo_001.jpg


taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
taekwondo_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios