Miguel Alvariño participará no VIII Campionato de España de Tiro con Arco en Sala en categoría xuvenil

81

O arqueiro Miguel Alvariño, no seu primeiro ano na categoría xuvenil, desprázase este fin de semana (2 ao 4 de marzo) á localidade madrileña de Valdemoro para participar no VIII Campionato de España de Tiro con Arco en Sala na súa categoría, acompañado polo seu entrenador, e tamén presidente do clube, Manuel Buitrón.


As metas que agarda acadar son as de repetir al puntuacións, que durante esta tempada de tiro con arco en sala, foi quen de acadar. Manter a concentración a pesar da presión que lle poida xerar a participación neste campionato. E poñer todo da súa parte para poder formar parte dos arqueiros que representen a Galicia no XXXVIII Campionato de España Absoluto de Comunidades Autónomas que se celebrará o domingo 4.
Enlaces:
• Enlace á convocatoria do Campionato cos horarios do mesmo.
• Enlace ao documento de inscritos no Campionato de España Absoluto e Xuvenil.
Nova cortesía do Club Sílex de Tiro con Arco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios