OS DOMINGOS AO TEATRO: BAOBAB TEATRO presenta FÍOS

34

O domingo 4 de marzo, será o turno da representación teatral de “FÍOS”, de Baobab Teatro.
Un taller de costura dirixido por unha peculiar modista é o espazo onde se desenvolverán historias que van acariñar os nosos oídos. A protagonista de Fíos cose e cose sen parar mentres recibe visitas que agarda e outras inesperadas. Todas veñen pedíndolle axuda. A través das súas puntadas descubrirá personaxes que colgan de Fíos e que queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus máis tenros segredos.
En Fíos as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos e reflexións.
teatro.jpg


HORARIO DE VENDA DE ENTRADAS:
Sábado 3: de 12:00 a 13:30 h
Domingo 4 dende as 16:30 h
PREZO:
1,50 € nenos menores de 12 anos
3,00 € maiores de 12 anos

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios