RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

34

Esta semana o mister Calpita, un dos máis laureados das categorías inferiores pontesas, xunto ós Roca, Vilaboy e tantos outros, artífice do ascenso á División de Honra Xuvenil, deixou o clube por motivos persoais, non tivo moita fortuna este ano xa que por diversas circunstancias apenas podía contar cos efectivos suficientes pra afrontar cada partido e así é moi difícil. Colle as rendas Iván Rodríguez, e mellor non lle puideron ir as cousas no seu debut pois o equipo gañou 1-3 a un rival directo, o Neda. O Barallobre tamén venceu a domicilio ó Narón BP B, e con tres descensos momentáneos a situación queda da seguinte maneira, Somozas B 26, Narón BP B 25, Neda 23, Barallobre e As Pontes 22, e Valdoviño 12. Precisamente o Narón BP visitará a semana que vén o Poboado e os tres puntos son mortais de necesidade.
Derrota por 1-0 do xuvenil de Liga Galega en Lugo ante o Residencia. Mantense noveno con 36 puntos, deixando o descenso a 10, e o ascenso a 11. Para a semana ven o intratable Compostela que marcha líder con 55 puntos pero que esta semana perdeu 1-2 ante o Lugo B e deixou a loita pola segunda praza moi emocionante con Ordes con 47 puntos, por 46 de Caranza, Vilalbés, Residencia e Lugo B.
O segundo xuvenil perdeu 0-2 ante o líder Caranza B. Décimos con 24 puntos, o vindeiro sábado visitan ó cuarto, Galicia de Mugardos. Xogaron Jairo, Alberto, Cavani, Esteban, Roca, Álvaro, Tiny, Galego, Saviola, Isma e Lucho, entrando a continuación Picos, Keko e Capela.
xuvenil_001.jpg


xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
xuvenil_001.jpg
O equipo cadete goleou 8-0 ó Miño, con ambos hat trick de David Rey e Diego Filgueiras, e un tanto de Rooney e Óscar. Caranza segue con 30, As Pontes con 27 e Narón BP con 24. Precisamente o As Pontes visita o Campo do Cadaval o próximo sábado e anque será difícil, deberá de intentar gañar senón quere descolgarse da loita polo título contra o Caranza.
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
O As Pontes Alevín A gañou 4-0 ó San Sadurniño e celebrou a nova convocatoria de Malena á selección galega (da que falaremos ó longo da semana). Consolidan o quinto posto con 39 puntos, xogando co cuarto Amistade de Meirás a vindeira semana. Tantos de Diego Criado, Alberte, Sergio Otero e Manu.
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
alevin_001.jpg
Vendeu cara a derrota o Alevín B que perdeu 2-0 ante o terceiro clasificado, O Val, e o vindeiro sábado reciben ó quinto, Galicia de Mugardos.
O Benxamín A perdeu 0-3 ante O Val, que marchaba cuarto, e os ponteses que son novenos con 26 puntos a próxima xornada xogan co segundo, Ortigueira.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
O Benxamín B perdeu 5-0 ante o Portuarios. Un décimos con 6 puntos, a semana que vén xogan en casa un importante partido ante O Val B, que vai un posto e un punto por debaixo.
Victoria do Benxamín A 1-4 ante o Perlío. Quintos con 36 puntos, na vindeira xornada reciben ó Narón BP que marcha sexto con 3 puntos menos. Hugo (2), Samuel e Mario.
Victoria dos máis noviños do Prebenxamín B que gañaron 5-0 ó derradeiro clasificado Narón BP B, son decimosegundos con 11 puntos, e a semana que vén xogan en Fene contra o terceiro clasificado, Barallobre. Goles de Anxo Rey, Alex Montero (2), Anxo Blanco e David.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios